Este venres recibimos a Ramiro, o artista MUS-E co que ímos traballar a parte adicada ao TEATRO.
Ao ser a primeira sesión con él, adicámonos a que nos coñecese e a coñecernos mellor entre nós tamén, e aprendimos o importantíiiiiiiisimo que é o respecto.
Con algunhas das actividades propostas xurdiron pequenos desafíos relacionados co respecto polos demáis que aclaramos e axudáronos a madurar e mellorar.
Pois cando Ramiro dicía por exemplo unha comida que nos gustaba tiñamos que saír correndo cousa ben doada de facer pero. . . qué pasa cando estamos por parellas que non se poden rachar?
Aqui viña a importancia do respecto pois, aínda que a min non me guste o brecol, por exemplo, por respecto á miña parella teño que correr con él/ela e acompañalo/a e. . . iso non quere dicir que cambie o meu gusto pero. . . si que teño que respectar o da outra persoa.
Aprendímolo tan ben, que fomos capaces de facelo non só por parellas, tamén en equipos de catro persoas.
Aqui vos deixamos un resumo en imaxes da sesión.