domingo, 28 de enero de 2018

Aprendemos moitas cousas sobre os pitiños.

Grazas ás  familias, seguimos recibindo moito material para axudarnos nas nosas investigacións e estamos aprendendo moitísimas cousas sobre os pitiños.


Moitísimas grazas pola vosa axuda familias! ! !
Pouco a pouco tentamos ir vendo e xogando con todo o que nos mandades, léndolles a información e intercambiando entre as dúas clases as cousas que pensamos que poden resultar de interese, porque ademais así acostúmanse a compartir.

Investigamos tamén coa axuda de internet e atopamos vídeos cos que aprendemos moito.

Por exemplo, gustounos moito saber que fan os pitiños dentro do ovo antes de nacer.
Algúns pensaban que era moi aburrido non poder sair, pero despois de ver o vídeo xa entendimos que os pitiños dentro do ovo non teñen tempo para aburrirse, pois estanse preparando e o seu corpo estase formando. Igual que fixemos nós dentro da barriga das nosas mamás.




Vimos vídeos como o seguinte e observamos con moito interese como nacen os pitiños.



Gustounos moito ver como a mamá galiña ensinaba aos pitiños a comer miñocas.



Rímonos moito con este debuxo animado dun pitiño se facía amigo da miñoca en lugar de comela.


Despois puxémoos un pouco mais seri@s e formais para seguir coas nosas investigacións, pois Vera trouxo unha caixiña coa comida que toman os pitiños.
Pareceunos moi interesante que a manipulasen, comparasen, etc.
Esta foi unha das cousas que compartimos entre as dúas clases.
 Resulta moi gratificante comprobar como para el@s compartir estase convertindo nun hábito do mais natural e nas dúas clases el@s mesm@s piden  ensinar a información á outra clase.

Aqui nos tendes explorando e manipuando a comida dos pitiños.



Plasmamos algunhas das cousas que imos aprendendo no LIBRO DOS PITIÑOS.
Image result for gif pollito



Tamén cantamos e bailamos.




Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


Aniversario de Salva ! ! !

Esta semana na clase das XOANIÑAS celebraron o cumple de Salva, cantáronlle, pasárono xenial e posaron así de guap@s para as fotos.



Parabéns Salva! ! !
Agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.




É moita hora de plantar as fresas! ! !

O profe Xoán díxonos : É moita hora de plantar as fresas! ! !


Por iso, as XOANIÑAS e os PIRATAS puxemos rumbo ao invernadoiro e aqui nos tendes mans á obra. . . bueno mais ben mans á terra.


Ains. . . cando tocará comer fresas ! ! !

Image result for planta fresas

Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 21 de enero de 2018

INVESTIGANDO OS PITIÑOS.

Seguimos recibindo moita axuda de todo o tipo para o noso proxecto.


Moitas grazas pola vosa colaboración familias! ! !

Ainara ensinounos unha canción dos pitiños e un enlace onde atopala para cantala.



Con Adrián vimos un vídeo co que aprendimos moitas curiosidades sobre os pitiños.



Comezamos a explorar o material que temos para atopar as respostas ás nosas curiosidades e inquedanzas sobre os pitiños.

Image result for gif animado pollito bailando
Iremos plasmando algunhas das cousas que aprendamos no LIBRO DOS PITIÑOS.
Irémolo elaborándoo a medida que avancemos nas nosas investigacións.

Aqui tendes unha pequena mostra do que plasmamos no libro.


Related image


As profes axúdanos a atopar vídeos interesantes cos que aprender moito e tamén xogamos na pizarra dixital algún ratiño.

Juego en línea, apretando cualquier tecla. #JuegosParaBebes #ChinPum

Pinchade aqui para xogar:


Seguiremos actualizando.

Bicos.





domingo, 14 de enero de 2018

Aniversario de Nerea Vázquez ! ! !

Rematamos a primeria semana despois das vacacións celebrando o aniversario de Nerea Vázquez.


Estámonos facendo tan maiores que xa cumprimos 4 anos! ! !


Agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !
Parabéns e moitos bicos! ! !




As xirafas non poden bailar.

Para aprender o número 1 comparámolo coa cara e o pescozo dunha xirafa.


Por iso, contamos o conto: As xirafas non poden bailar.
Agora xa tod@s imos lembrar cal é o número 1 ! ! !

Aqui vos deixamos unha versión en vídeo do conto.


Bicos.

Comezamos proxecto: OS PITIÑOS

Como xa vos contamos polo TokApp ímos comezar o noso primeiro proxecto no cole de maiores.
Para aprender moito sobre OS PITIÑOS estamos recopilando material relacionado co tema.

Related image

Podedes traer contos, fotos, xogos, bonecos, vídeos, libros con información, información sacada de internet, debuxos, etc.
Todo será ben recibido, pois todo pode axudarnos a pensar, aprender e medrar.

É importante que o material que aportedes teña o nome d@s nen@s, pois cando rematemos as nosas investigacións sobre o tema devolveremos cada cousa ao seu don@.

Xa vai chegando algunha axuda! ! !


Animádevos a colaborar! ! !

Bicos.


Aniversario de Sara Burgos ! ! !

Comezamos a semana celebrando o aniversario de Sara Burgos.


Sara convidounos a merendar despois de soprar as catro veliñas.


Agardamos que tiveses moitos agasallos.

Parabéns e moitos bicos! ! !



O monstro de cores.

Martín Rodríguez trouxo ao cole un libro que lle trouxeron Os Reis Magos e cal foi a nosa sorpresa cando vimos que era un dos contos favoritos das profes. Que ben! ! ! un conto para traballar as emocións! ! !
Contamos nas dúas clases o conto "O monstro de cores"

Related image

Aqui vos deixamos a versión en vídeo por si lles apetece lembralo na casa.



Logo abrimos unha caixiña moi misteriosa que tiña a profe Aurora e nela estaba O MONSTRO DE CORES feito un lío. Entre tod@s axudámolo a odenar as súas emocións.
Ao final conseguimos colocar cada emoción no bote da súa cor.

Aqui vos deixamos un vídeo con fotos da actividade.


Tamén cantamos esta canción.
Veña chic@s, demostrade na casa o ben que cantades! ! !


Seguiremos actualizando.

Bicos.


martes, 9 de enero de 2018

Chocolatada con churros para rematar o 1º trimestre.! ! !

O derradeiro día antes das vacacións de Nadal fixemos unha merenda moi especial.

Para calmar os nervios tras a visita das SSMM Os Reis Magos de Oriente, merendamos chocolate con churros.

Aqui vos deixamos as fotos do moito que desfrutamos esta chocolatada os nenos e nenas das clases de 3 anos! ! !


Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 7 de enero de 2018

Visita das SSMM Os Reis Magos de Oriente ao colexio.

O derradeiro día de colexio antes das vacacións viñeron os Reis Magos ao colexio, recibímolos no patio dos maiores onde puidemos darlles a man e o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria interpretou unha bonita panxoliña.

Tras o caluroso recibimento, vestidos coas nosas mellores galas, fomos ao ximnasio onde as Súas Maxestades nos recibiron nos seus tronos e  repartiron caramelos despois de depositar as nosas cartas no buzón real.

Aqui vos deixamos un resumo en imaxes desta visita tan emocionante para nós.


Bicos


Recibimos a visita de Papá Noel na clase! ! !

Uns días antes das vacacións de Nadal recibimos a visita de Papá Noel na clase e, como nos portamos tan ben, tróuxonos un pequeno agasallo.

Grazas á profe Mirian polas fotos, pois ese día eu estiven enferma e foi ela a que se encargou de inmortalizar gráficamente o momento para que tivesen un bonito  recordo da visita! ! !



Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.

ADORNOS DE NADAL 2017

Comezamos decorando o corredor que temos diante das nosas aulas coas bolas de Nadal que fixemos coas nosas familias. Empregamos distintas técnicas e estilos plásticos e na clase explicamos aos compañeir@s que foi o que fixemos para decorar o noso adorno e quen nos axudou.

Non saen tod@s nas fotos porque neses días moi@s estaban enfermiñ@s.

Estas son as bolas de Nadal na clase dos Piratas.


Aqui tendes as bolas de Nadal na clase das Xoaniñas.



Nas aulas reciclamos botellas de auga para facer uns renos que decorasen as nosas casas.





Tras este obrigado paréntesis seguiremos actualizando, pouco a pouco irei subindo as fotos que temos pendentes de amosarvos dos derradeiros días no cole antes das vacacións de Nadal.

Agardamos que pasásedes unhas Boas Festas, que os Reis Magos fosen moi xenerosos e que teñades un estupendo ano 2018.

Moitos bicos.

Aniversarios de Elba e Martín Soengas ! ! !

Rematamos o 2017 celebrando os aniversarios dos peques da clase dos PIRATAS.

Primeiro foi a familia de Elba a que nos acompañou á hora da merenda para convidarnos a un rico biscoito de aniversario.



Uns días mais tarde, recibimos á familia de Martín Soengas que nos convidou a unha rica merendola para celebrar que Martín cumpría 3 anos! ! !



Grazas  familias por convidarnos e acompañarnos á hora da merenda! ! !

Parabéns aos meus pequen@s piratiñas, espero que tivésedes moitos agasallos.

Moitos bicos.