Dentro do Programa MUS-E , participamos con María, a artista de Artes Plásticas na decoración das gradas do patio de Primaria.
Preparamos a carpeta para cando levemos as nosas "Artistadas"
Visitamos a exposición de Arte de Reciclaxe do alumnado de 1º curso de Educación Primaria , ubicada na Bibllioteca do colexio.
Aprendemos cousiñas da cultura xaponesa, lugar de onde procede a artista Yayoi Kusama.
Falamos do gato da sorte: MANEKI-NEKO
Coñecimos o Monte Fuji.
Falamos do Sushi e facémolo modelando plastilina.
Falamos do origami: o arte de facer figuriñas de papel dobrando sen empregar pegamento nin tesoiras.
E facemos paxariñas de modelado con plastilina.
Compartimos xogos e aventuras.
Facemos o guión dun conto que logo representamos en grupo diante dos compis.
Facemos as portadas dos nosos traballiños.
Recibimos a visita dunhas investigadoras do CITIC, o Centro de Investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+I aplicada ás TIC, impulsado pola Universidade da Coruña.
Con elas fixemos uns talleres cos que elaboramos uns mandos cos que despois puidemos xogar e tamén participamos xogando e experimentando con distintos materiais/xogos nos que potenciaron coñecementos científicos, investigación, desenvolvemento, innovación e TICs.
Seguiremos actualizando...un pouquiño máis. . . que xa non queda nada!
Biquiños
Bibi