domingo, 25 de febrero de 2024

SU PROPIO COLOR

 Argallamos unha actividade que tivo moito éxito a partires do conto de Leo Lionni titulado : Su propio color.

Xogamos cun boneco de camaleón a imaxinar de qué cor se poñería ao subirse en distintos obxectos, animáis , personaxes de debuxos animados, etc.
Logo aprendimos nomes de freoitas e verduras ao tempo que seguíamos xogando co camaleón.


E para rematar as actividades en torno ao conto, fixemos a nosa propia versión  elexindo unha froita ou verdura para que o noso camaleón se pousase e pintámolo da cor correspondente.



Seguiremos actualizando. . .

sábado, 24 de febrero de 2024

COMEZAMOS PROXECTO: A GUITARRA

 Como xa sabedes, este curso o PDI da nosa Biblioteca está adicado aos Inventos.

O invento que nos toca investigar en 3 anos A é : A GUITARRA.

Para axudarnos coa motivación previa, coñecer algúns instrumentos e logo centrarnos na guitarra ,pedimos axuda dun músico. Por iso, esta semana recibimos a visita de Cristóbal que é ademais profe de música. Con él pasámolo xenial e aprendimos moito.

Primeiro presentounos aos instrumentos, e contounos que tamén teñen familias, igual que nós.


Coñecimos algúns intrumentos da familia de vento: a trompeta e o clarinete. Coa trompeta, o  seu son era tan forte que tiñamos que agarrarnos ao chan para non sair voando!


Logo chegaron os instrumentos da familia de percusión  e coñecimos o caixón flamenco.


E por último coñecimos aos intrumentos da familia de corda. Nesa familia estaba a guitarra eléctrica, a española , o ukelele e o violín. Desta familia foi da que máis instrumentos nos ensinou porque o noso invento, a guitarra, pertence a esta familia.


Falamos dentro da boca da guitarra e exploramos como o son da nosa voz escoitátabase máis forte.



Despois tocaba moverse e bailamos ao ritmo da nota DO, que se move como un coche sen ter motor.

Repartimos notas musicais para tod@s como se fosen volantes e . . . a bailar e conducir sen chocar ao ritmo da música!


Unha vez superada a proba de saber bailar coa nota DO, puidemos formar grupos musicais e tocar os instrumentos das distintas familias. Menos os de vento, que por motivos hixiénicos non tocamos.




E xa para rematar a sesión, profundizamos un pouquiño máis no instrumento que nos toca investigar: a guitarra.
Aprendimos que ten distintas partes como o noso corpo. Ten: boca, cordas, mástil e clavixas.
Falamos dos distintos materiais dos que estaban feitas a guitarra clásica e a eléctrica, da diferencia nas súas cordas, no son e por suposto...probámolas tod@s!


Pero sen dúbida, o que máis paixón levantou en nós foi a guitarra eléctrica.
Está claro que o nos é o Rock and Roll ! ! !




Moitas grazas por vir Cristóbal!
Foi un pracer compartir clase e música contigo!
Aprendimos moito e pasámolo xenial!

viernes, 23 de febrero de 2024

CONCERTO DE AQUI PARA ALÁ

 O 23 de febreiro, para conmemorar o Día de Rosalía, todo o colexio asistimos no Conservatorio de Música de Culleredo ao concerto : De aqui para alá.

Pasámolo xenial e gustounos moitísimo cantar e bailar ao ritmo da música.


Pasámolo tan ben, que incluso saímos voluntari@s ao escenario para participar!



Grazas á ANPA do colexio e á nosa profe de Musica Anaisy !

domingo, 18 de febrero de 2024

CONTACONTOS : A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Esta semana en 3 anos A tivemos un contacontos moi  especial. A mamá de Iria visitounos para contar o conto : A mellor sopa do mundo.


Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga  que, nese momento, poñía auga a ferver para preparar unha sopa.
Asi comezou esta marabillosa historia coa que descubrimos que a amizade, saber compartir  e a colaboración, resultaron ser o ingrediente segredo para facer a mellor sopa do mundo.





Despois do conto escoitamos a canción e a mamá de Iria repartiunos pegatinas do conto para tod@s! Pasámolo xenial! ! !
Grazas por vir  contarnos un conto Aurora!

Familias animádevos a vir e contarnos un conto! ! !

Biquiños


lunes, 12 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 Comezamos a semana seguindo os mandadiños do Entroido.

Luns adornada a cabeza


Martes adornada cabeza e cintura.


Mércores adornada cabeza, cintura e muñeca.


Xoves disfraces libres.



Os disfraces invaden a nosa Biblioteca do cole. Semella que os personaxes sairon dos contos!


Chegou o venres e o noso cole encheuse de inventos que desfilaron no pavillón ao ritmo da música.

Os nosos inventos foron : a guitarra e a bicicleta


Pasámolo xenial antes, durante e despois de desfilar!




Aqui nos tendes desfilando.


Feliz Entroido! 

Biquiños






















sábado, 3 de febrero de 2024

AFUNDACIÓN: CARUNCHO

 Onte visitamos en Afundación  unha exposición coa obra do artista  Luis Caruncho e aprendimos moitas cousas sobre él. 

Era da Coruña, por iso pintou a Torre de Hércules.


Gustábanlle moito as motos e participaba en carreiras.


Gustábanlle moito as matemáticas e  a xeometría , por iso nas súas obras empregaba moitas figuras xeométricas.


Visitamos a exposición prestando moitísima atención a todo o que nos contaban.


Aprendimos tamén que caruncho era arquitecto e por iso trnasformaba figuras xeométricas planas 
en figuras con espazo dentro no que poder entrar persoas , e así construía casas.
Nós fixemos o mesmo no Taller, por iso transformamos figuras xeométricas planas nunha figura con espazo dentro . Ista transformación levámola a cabo tirando dun fío como si de maxia se tratase.




A nosa figura feita no taller levámola como recordatorio do aprendido para casa, xunto cunha figura para poder montar  en familia e unha pegatina de recordo do Museo.


Seguiremos actualizando. . .