Xa estamos de volta!
Comezamos un curso novo e agora xa temos 4 anos!
Por iso rotamos polas 4 clases que son os contextos nos que xogamos e aprendemos.
Aqui vos deixamos unha escolma de fotos dos nosos primeiros días no Contexto de Arte. Alí fixemos pintura con pincel, actividades sensioriais, modelado e propostas invididuais de mesa.
No Contexto de Teatro: experimentamos libremente disfrazándonos e interpretando personaxes, escoitamos o conto O Monstro de cores en formato Kamishibai e facemos tarefas en papel sobre o conto, xogamos e exploramos as letras e facemos puzles.
No Contexto de Casa-Pobo aprendemos matemáticas xogando, facemos a lista da compra, atendemos á nosa clientela no supermercado, xogamos cos números e facemos propostas de mesa individuais.
No Contexto de Xogos-Científico deixámonos levar pola vida misma no noso primeiro día alí, e partimos dos seus intereses observando o sol vermello na fila antes de entrar no cole, para investigar sobre iso, elaborar hipóteses e atopar a explicación. Tamén aprendemos a xogar agardando a nosa quenda e seguindo as regras dos xogos.
No patio desfrutamos dunha mesa sensorial a varias alturas. . .ata que desbordados pola emoción fomos perdendo o material polo patio adiante. . .
Vivimos as nosas primeiras veces como encargados.
E recibimos a visita do artista que pintou o muro do patio que nos explicou o que quixo representar co seu debuxo.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños