Esta semana unha noticia sobre o Guernica chamou a nosa atención, algúns escoitámola na tele, outros vímola no xornal e o profe Xoán mandounos a noticia da edición dixital dun xornal.
As nosas cabeciñas, (ou "o celebro", como dí algún...) comezaron a traballar. Así que atopamos a noticia nun xornal, recortámola e fixemos unha copia para cada un, para analizala detidamente.
Falamos das distintas seccións que teñen os xornais (e Sara contounos que sempre fai os 7 erros da sección de pasatempos ca súa nai), aprendimos a atopar o titular da noticia e rodeámolo, e tentamos ler o pé de foto e alguha outra cousiña máis, pero algunha palabra era moi difícil.
Ca axuda da profe, despois de ler a noticia, fixemos un resumo e escribímolo como verdadeiros xornalistas.
Pero non pensedes que iso foi todo, seguimos reinventando o Guernica pouquiño a pouco, falamos da pomba da paz de Picasso, a profe trouxo un libro do corpo interesantísimo e Pablo un xogo para sumar que lle trouxeran os Reis que estaba xenial!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario