Como veredes, nestes días fixemos algo máis que choqueiradas.
Aqui deixamos os avances do noso Guernica compartido ca outra clase de 5 anos, e tamén os Guernicas individuais que fixemos. Todos están expostos no corredor de diante da clase e é curioso ver como cada un de nós ten a súa visión, porque todos son diferentes.
Temos que agradederlle á profe Eva (mamá de Xabi) a noticia sobre Picasso que nos trouxo, xa que con ela outra vez puidemos investigar a través do xornal.
Tamén contarvos que rematamos as nosas pesquisas sobre Exipto e Xabi trouxo dous libros cos que fixo unha "tese doutoral" sobre o tema.
E por último dicirvos, que a profe tén un pouco de manía con iso de facernos pensar... e trouxo un xogo para o rincón de lectoescritura co que nos sae o fume polas orellas...
Estes rapaces van ser uns verdadeiros artistas. Tembla Picasso!!
ResponderEliminarAnimo xa falta menos para rematar o cadro! Evita
Graciñas polos teus ánimos !!!
ResponderEliminarFalta cada vez menos para rematar o cadro e para mostrar os resultados de todas as nosas investigacións.
Pero o mellor é que que algún ten verdadeiramente algo "especial" dende o punto de vista artístico e son capaces de ver máis alá do cadro, ven sentimentos e tamén os plasman...
É un grupo estupendo !!!
Bicos.
Bibi.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar