viernes, 30 de marzo de 2012

NOVIDADES E RECADIÑOS VARIOS...

Damas e cabaleiros, comprácenos anunciarvos que rematamos a nosa versión do Guernica, tras longos meses de traballo e investigacións...
Aproveito para agradecervos dende aqui ás familias a vosa colaboración, xa  que nos axudáchedes moitísimo a investigar e atopar información na casa para traer á escola e seguir investigando sobre Pablo Picasso no cole. Tanto foi así que me vin desbordada de información e aproveitamos para aprender a seleccionar o máis importante, ler polo miúdo o máis interesante e acorde á idade dos vosos fill@s, e un pouco máis por enriba as cousas máis difíciles ou que estaban repetidas. Sodes os máis colaboradores do mundo mundial !!!
Á volta das vacacións, veredes o libriño que elaboramos na clase con algunhas das cousas que aprendimos de Picasso.


A NOSA VERSIÓN DO GUERNICA on PhotoPeach




Tamén queremos ensinarvos cómo estivemos aprendendo o nome de distintas flores, agora que chegou a Primavera.




E LEMBRADE...


- AS CLASES COMEZAN O MARTES DÍA 10 DE ABRIL.
- TRAER UNHA PINZA DE MADEIRA (DAS DA ROUPA) CO NOME.

GRACIÑAS.

Bicos.

3 comentarios:

  1. Bibi es una profesora muy buena, aprendimos muchas cosas de Picasso y otras más.
    Carlos

    ResponderEliminar
  2. Graciñas á profe Sandra, a Brais Vázquez e Laura , e a Carlos e Rocío!
    O que pasa é que sodes unha clase moi traballadora e con moitas ganas de aprender!
    Descansade e pasádeo ben nas vacacións!
    Á volta teremos novas aventuras...

    bicos

    Bibi.

    ResponderEliminar
  3. Desde logo, estes rapaces e a profe merecense un descanso. Ágora a coller forzas para o derradeiro trimestre, promete ser curto pero moi intenso.
    Moitos bicos para todos.

    ResponderEliminar