Estivemos moi ocupad@s facendo un bote para os lápices de dinosauros. E falamos de que agora que ímos maiores e que para o ano ímos para 1º de Primaria, estaría ben que tivésemos un escritorio ou un lugar tranquiliño para nós, no que poñer o noso bote de lápices para facer as nosas cousiñas do cole, pintar, ler e , en definitiva, no que poidamos adquirir bós hábitos de estudo o día de mañá.
Tamén vos contamos que fixemos un mural para o pasillo, pero aínda non vos ensinamos as fotos. Agora veredes como nel plasmamos as nosas aprendizaxes sobre dinosauros e outros seres que habitaban nesa época, pero que non son considerados dinosauros. Puxemos ao lado de cada un o seu nome e tamén si eran carnívoros ou herbívoros, falamos da vexetación que había na época dos dinosauros e, como non, dos volcáns.
CAMIÑANDO ENTRE DINOSAUROS on PhotoPeach
Ah ! Pasámolo moi ben no ordenador, con estes xogos de dinosauros, e encargáronme ben que lembrase poñervos aquí os enlaces para xogar nestes días, e para que non me pidan o libro de reclamacións. . .
http://www.tudiscoverykids.com/juegos/dinosaurios/
http://es.yupis.org/juegos/el-juego-de-los-dinosaurios/#play
Moitos bicos e lembrade que voltamos ao cole o mércores día 2 de maio.