Os dinosauros invadiron a nosa clase, non sabemos moi ben cómo chegaron. . . O que si sabemos é que non foi voando e aterrando en Alvedro, nin nadando pola Ría do Burgo. . . porque se algo quedou claro nesta semana é que só eran dinosauros os terrestres.
Así empezamos unha nova aventura, que nos levou á pizarra dixital a ver unha presentación que fixo a profe para abrir boca, falamos do que comían, de cómo vivían, cómo nacían, etc., e aprendimos un lote palabras novas, algunhas rarísimas. . .
Fixemos un mural no pasillo, aprendendo a distinguir os que eran ou non eran dinosauros, cantamos e bailamos cunha canción de dinosauros, xogamos no ordenador cun xogo de dinosauros, xogamos nos rincóns con dinosauros de xoguete, contamos contos de dinosauros. . . En fin, benvid@s á dinosauro-manía.
Empezaremos por ensinarvos toooodo o que trouxemos á clase para investigar e cómo o organizamos. . . Como sempre digo, sodes as familias máis colaboradoras do mundo mundial . . . Graciñas.
A INVASIÓN DOS DINOSAUROS . . . on PhotoPeach
Perdoade se non sae algo, pero é imposible reflexar toooodo o que temos na clase !
bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario