Nestes días que nos quedan xunt@s antes das vacacións, estamos aproveitando para facer un lote de cousas divertidas e tamén para aprender.
Houbo moitos compañeiros que trouxeron debuxos de dinos para tod@s, Martín, Marcos Rial, Daniel Pereyra e Aday. Aday trouxo ademáis información dunha exposición sobre dinosauros que hai en Pontevedra ata o 23 de setembro e que ao mellor apetécevos visitar no verán. Xa vos puxera o enlace da páxina noutra ocasión, pero vouna repetir para os despistad@s . . .
Tamén temos que contarvos que nestes días tivemos unha sesión de contacontos moi divertida, estivemos vendo documentais da BBC e lendo cousiñas de dinosauros, preparamos ca profe Luz os instrumentos que levamos ao concerto do Conservatorio, onde coñecemos a Pololo, cantamos e pasámolo xenial; e visitamos as clases de 1º de Primaria por fin . . . cheos de emoción, onde os nosos ollos non daban visto todo o que tiñan polas paredes para recopilar información do que nos agarda para o ano. Ademáis, aproveitamos para preguntar aos compañeiros de 1º as nosas dúbidas e respostáronos xenial ! ! ! Graciñas aos compis e ás profes de 1º ! ! !
No hay comentarios:
Publicar un comentario