sábado, 29 de septiembre de 2012

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS XUNT@S !!!

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS XUNT@S on PhotoPeach

Aqui vos deixo unha pincelada dos nosos primeiros días xunt@s, como dí a canción. . .
Agora que o período de adaptación rematou, xa nos xuntamos tod@s, e  comezamos cas nosas rutinas e hábitos propios da escola.

bicos.

Bibi.

viernes, 28 de septiembre de 2012

ESTA SEMANA CUMPLIRON ANOS . . .

Nesta semana tivemos dous cumpreanos, o de Noel o martes e o de Andrea hoxe. Xa teñen 3 aniños !!! 
Na clase celebrámolos cantándolles, comendo caramelos brandos e facéndolles un debuxo . Despois xuntamos os debuxos de tod@s e facemos con eles un libriño do cumple para agasallalos e que lles quede de recordo.
Aqui vos deixamos as fotos ca tarta para que vexades qué guapos sairon !!!


Por certo, a pregunta do millón foi  outra vez se a tarta era de comer . . .

bicos.

Bibi.


sábado, 22 de septiembre de 2012

O GATO GRANDE...

Nestes primeiros días, adiqueime a observar aos vosos fill@s, a ver cómo xogan, cómo falan, cómo se relacionan, cómo é a súa atención, cómo son de autónom@s . . . En definitiva, a coñecelos mellor para saber cal é o punto de partida neste tempo que nos queda por diante xunt@s. 

Nesta primeira toma de contacto, tamén tentei facerme unha idea de cómo pintaban,  ver se collían ben a pintura, se distinguían a figura do fondo para pintar "máis ou menos" por dentro. . . 
Así que, nestas averiguacións  decidimos darlles un gato para pintar, o gato levounos á canción, a canción a pintar tamén un rato, o rato levounos outra vez á canción. . . e agora é a canción de moda na nosa clase. . .

Aqui vos deixo o vídeo que puxemos na clase e co que cantamos "á nosa maneira". . . porque de momento,  non vos quero enganar, estamos verdes para ir a Eurovisión . . .

bicos.

Bibi.




LEMBRADE QUE O LUNS  XA TEMOS HORARIO NORMAL DE 9:00 A 14:00 E QUE OS PEQUEN@S SAIMOS 10 MINUTIÑOS ANTES PARA TER MÁIS TRANQUILIDADE.

martes, 18 de septiembre de 2012

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS NO COLE ! ! !

 A verdade é que tiña pensado facer primeiro un vídeo de presentación do grupo, pero estaba agardando a ter todas as autorizacións. Hoxe xa as conseguín  todas , así que a petición popular, porque xa me dixéchedes que tendes moitas ganas, e facendo unha excepción, porque normalmente non publico a metade de semana, aqui vos deixo unha pincelada das nosas primeiras aventuras no cole de maiores ! ! !

Son fotos da semana pasada e algunha de onte e de hoxe. 
Intento que saian tod@s, pero a verdade é que cando saco as fotos penso en captar o momento,  en que se entenda o que facemos, en que se vexa que non choran. . . en fin, que non se pode estar a todo. . .
Pero que ninguén se enfade,  porque saen e sairán tod@s ó longo do curso ! ! !

Desfrutade das fotos !

bicos.

Bibi.


OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS NO COLE... on PhotoPeach


sábado, 15 de septiembre de 2012

FELIZ CUMPLE PAULA ! ! !

Onte celebramos o noso primeiro cumple deste curso, o de Paula que xa é unha chica de 3 anos !
Non estábamos tod@s porque foi no primeiro turno, pero @s que estábamos asegurámonos unhas cantas veces de que a tarta era de mentira e non se podía comer. . .


LEMBRADE !!! Fáltanme 3 autorizacións para poder poñer as fotos de tod@s  e que vexades o que fixemos nestes días. Teño probas de que algún e algunha que entrou chorando, logo estivo ben content@  e xogando como si nada ! ! ! ¿non queredes velas ??? je, je, je... 

bicos.

Bibi.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVID@S Á ESCOLA ! ! !


Gustaríame comezar o curso mandando un bico enorme aos meus piratas que empezaron hoxe en 1º de Primaria. A algúns e algunhas, xa vos vin ás 9:00 cando chegábades ao cole e xa vos biquei en persoa, pero outr@s non vos vin nin cando baixábades ao patio e quedei coas gañas. Muacc ! ! !

E como para todo hai unha primeira vez , hoxe foi a primeira vez que os meus novos "Piratas da Ría" viñeron ao cole. Benvid@s á escola e graciñas ás familias polo ben que o fixéchedes despedíndovos na porta.
Direivos que foi un día tranquilo, (non quero dicilo moi alto...que non quero ser gafe...). Pero a pesar de que moit@s entran no cole con 2 aniños aínda, son uns fenómen@s ! ! !
Saqueilles algunhas fotos, porque 1º día só hai un, así que animádevos a firmar a autorización @s que faltades, porque gustaríame poñer as fotos de tod@s ! ! !

Lembrade que, aínda que estamos no período de adaptación é conveniente que traian:

    - A mochila cunha botelliña de auga co nome. (porque na nosa clase vai calor e pode que teñan sede).
    - O mandilón co nome en grande e visible. (para que todo o mundo poida dirixirse a eles/elas polo seu nome e se sintan máis segur@s).

bicos.

Bibi.