Nestes primeiros días, adiqueime a observar aos vosos fill@s, a ver cómo xogan, cómo falan, cómo se relacionan, cómo é a súa atención, cómo son de autónom@s . . . En definitiva, a coñecelos mellor para saber cal é o punto de partida neste tempo que nos queda por diante xunt@s.
Nesta primeira toma de contacto, tamén tentei facerme unha idea de cómo pintaban, ver se collían ben a pintura, se distinguían a figura do fondo para pintar "máis ou menos" por dentro. . .
Así que, nestas averiguacións decidimos darlles un gato para pintar, o gato levounos á canción, a canción a pintar tamén un rato, o rato levounos outra vez á canción. . . e agora é a canción de moda na nosa clase. . .
Aqui vos deixo o vídeo que puxemos na clase e co que cantamos "á nosa maneira". . . porque de momento, non vos quero enganar, estamos verdes para ir a Eurovisión . . .
bicos.
Bibi.
bicos.
Bibi.
LEMBRADE QUE O LUNS XA TEMOS HORARIO NORMAL DE 9:00 A 14:00 E QUE OS PEQUEN@S SAIMOS 10 MINUTIÑOS ANTES PARA TER MÁIS TRANQUILIDADE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario