sábado, 20 de octubre de 2012

MADURAMOS COMO OS FROITOS DO OUTONO.

A verdade é que pouquiño a pouco ímos madurando como os froitos do Outono. . . 
Repetir as mesmas rutinas, os mesmos hábitos todos os días vaise notando,  danos seguridade,  facendo que poidamos anticipar o que vai pasar (cando toca xogar nos rincóns, cándo recoller, ir ao baño, merendar...) e facendo tamén que nos sintamos cada vez máis segur@s e cómod@s na escola.
A nosa atención, ainda que curta de momento porque somos pequen@s, vai sendo cada día un pouquiño maior, sabemos que cando chegamos temos que colgar as nosas cousas na percha e sentarnos na asamblea, que temos que xogar no rincón que nos toca e agardar a que a profe nos chame a traballar na mesa, que temos que recoller para ir ao baño e merendar, que cando contamos contos hai que ter " bocas pechadas, ollos moi abertos e orellas moi atentas", ou que despois do recreo facemos un ratiño  plastilina mentres a profe ven polas mesas para traballar máis polo miúdo con nós, etc.
Con todas estas cousas que facemos no día a día estamos sementando. . . os froitos recollerémolos co paso do tempo. . . Pero é importante que teñamos horarios, rutinas, hábitos, que exploremos o mundo e sexamos autónom@s e que non perdamos a capacidade de sorprendernos e a ilusión por aprender cousas novas. . .

MADURAMOS COMO OS FROITOS DO OUTONO. . . on PhotoPeach  
 Temos que mandar un bico enorme a Naiala que hoxe está de cumple, pero non o puidemos celebrar porque estivo enferma nestes días. Millórate guapa, estámoste agardando ! ! !

bicos.

Bibi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario