Esta foi unha semana curta pero mooooi intensa, estivo chea de emocións e novidades e, ademáis, non paramos nin un intre porque temos moita "marcha" e moita curiosidade . . .
Como xa estamos bastante tranquil@s e atent@s na asamblea, engadimos unha novidade que nos fixo moita ilusión. Cada día antes de comezar, o primeiro que facemos é saber quén vai ser o engargad@. Est@ terá que pasar lista, poñer a data, o tempo, ir de primeiro na fila e, sobre todo, axudar mooooito á profe.
Non puidemos ir ao ximnasio, porque como chovía os maiores non sairon á pista e quedaron nel, pero nós fixemos exercicio na clase, bailamos e pasámolo xenial !!!
Pintamos pementos co dedo, fixemos caracois, fumos á biblioteca ca profe Luz, Rita trouxo un lote de cousas do outono para ensinar aos compañeir@s e tamén contos, estreamos o libro de "mates" de maiores e fumos de "romería" ata a clase de 4 anos B en busca de cogumelos e menuda clase maxistral que nos deron os maiores...
Temos que mandar un bico enorrrrme a Natalia e Andrea que non viñeron esta semana e desexarlles que aproveiten a ponte para poñerse boas e vir a vindeira semana a compartir con nós aventuras. . .
Aqui vos deixamos algunhas fotos que ilustran a nosa semana.
Aqui vos deixamos algunhas fotos que ilustran a nosa semana.
UNHA SEMANA CURTA PERO INTENSA.. on PhotoPeach
bicos.
Bibi.
Que bonitos quedaron los caracoles y que rápido están aprendiendo a poner la fecha, pasar lista, etc. Son geniales, que suerte tener un trabajo como el tuyo.
ResponderEliminarHola bibi coma sempre e unha delicia ollar os videos.Encantoume o de @s encargad@s e velos traballar co libro de mate de maiores e pintar o caracol e os pimentos cos dedos. moi bonito
ResponderEliminar