Como xa saberedes, onte recibimos a visita dos Reis Magos na escola cheos de emoción e feitos un manoxo de nervios. . . Fixemos unha supermerendola de Nadal con todas as cousiñas que trouxéchedes, que eran tantas que algunhas nin as abrimos porque non tiñamos capacidade para comer máis. . .
E o fin de festa, amenizárono os maiores do cole que viñeron co profe de música a tocar e cantar para nós.
Pero botamos de menos a Rita e a Adrián nun día tan especial. . . un bico peques !!!
Pero botamos de menos a Rita e a Adrián nun día tan especial. . . un bico peques !!!
Esta semana foi un pouco diferente porque estiven un par de días enferma na casa e por iso non temos máis fotos. Pero onte non quixen perderme aos Reis Magos porque eu tamén tiña que darlle a miña carta, xa sabedes pido cousas sinxelas. . . que non berren na clase, que saiban compartir os xoguetes, que merenden sentad@s, que aprendan a falar por orde e non tod@s á vez, que non teñan mal xenio, que sexan obedientes. . . ejem. . . non teño claro o qué me traerán. . .
Aqui vos deixo as fotos de onte . . .
VISITA DAS SÚAS MAXESTADES . . . on PhotoPeach
Os traballiños que levaron na carpeta, son para quedar na casa.
Á volta das vacacións teñen que traer a carpeta baleira de volta á escola.
Os traballiños de piratas e os que estamos facendo xogando cas letras dos nosos nomes, non os levamos porque terán continuidade no seguinte trimestre e cando os rematemos encuadernarémolos por separado. E á volta das vacacións tamén levarán unha pequena sorpresa que agora non tiven tempo de rematar con eles e preparar. . .
Só me queda agradecervos a tod@s a vosa colaboración ó longo deste trimestre e aos meus compañeir@s de infantil graciñas por meterme os traballiños nas carpetas dos peques, asinar as notas por min, etc.
bicos e. . . atent@s que pode aparecer algunha sorpresa para despedir o ano. . .
Que bonito el video, Rita no quiso ir, pensó que no ibas a estar, mira que le dije que iban a ir los reyes, pero nada. Me arrepiento un poco, sobre todo por no llevar los trabajos del trimestre, pero quiso quedarse con la abuela y yo pensé:"bueno no vaya a ser que pase algo, como hay algún loco atacando escuelas con lo del fin del mundo no vaya a ser que le toque al ría do burgo" Bueno, feliz navidad y feliz 2013
ResponderEliminarGraciñas a tod@s polos vosos comentarios. Ten razón Silvana que di que os Reis non fan milagros... pero hai que seguir portándose ben porque nestes días están vixiando. . . je je je. . .
ResponderEliminarBicos e feliz 2013 !!!
Bibi