Estas datas están cargadas de emoción para nós, poñémonos especialmente intranquil@s, tentamos portarnos mellor. . . e todo o que nos rodea é máxico e misterioso. . . é o que ten a inocencia dos vos@s pequen@s. . . que agardan con ilusión a chegada de Papá Noel e dos Reis Magos. . .
As Maxestades de Oriente, virán ao colexio o vindeiro venres pola mañán, pero entre tanto, nós preparámonos facendo algún traballiño de Nadal para engalanar a clase e decorar despóis na casa, vendo debuxos animados de Nadal, falando co Rei Melchor outra vez por teléfono. . . ejem . . .
Un lote de cousiñas, que será mellor que vexades vos mesm@s. . .
CONTA ATRÁS PARA O NADAL. . . on PhotoPeach
Pero non pensedes que só nos adicamos a prepararnos para o Nadal, tamén seguimos ca nosa degustación de froitos e aqui nos tendes tomando marmelo con galletas.
Tamén fixemos outros experimentos cas froitas. . . Estampamos un limón de amarelo e unha mazá de verde e de vermello, ao tempo que lembramos o nome das froitas e as cores.
E seguimos pirateando. . . poñendo os nosos nomes nas bandeiras piratas que trouxo Ana para tod@s.
bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario