sábado, 9 de marzo de 2013

LECTURA XENEROSA ! ! !

Moit@s pensarán  na lectura como unha actividade solitaria, pero tamén pode ser unha lectura chea de xenerosidade, unha lectura en voz alta na que os oíntes son tamén lectores a través duns mediadores que lles ofrecen a súa voz, a súa capacidade lectora e as súas mellores intencións para ler entoando ben, sen trabucarse e lembrándose de ensinar as ilustracións antes de cambiar de páxina, para non escoitar as queixas do seu público entregado pero esixente. . .
Tivemos a sorte de atopar uns lectores xeneros@s na clase de 2º B da profe Victoria, na que moit@s nen@s da nosa clase teñen irmáns. Un par de días á semana virán a visitarnos despóis do recreo cargados de nervios e emoción a partes iguais, para transportarnos ao mundo da fantasía no máis absoluto do silencios pola nosa parte. . . 

O xoves, Santi e Paula leron para nós o conto "O pirata pata de lata".


E o venres, Nicolás e Aroa viñeron para lernos o conto " A Cebra Camila".


Graciñas pola vosa xenerosidade e por ser para nós un libro aberto. . . 

" Un libro aberto é un cerebro que fala;
pechado, un amigo que agarda;
esquecido, un alma que perdoa;
destruído, un corazón que chora. "
Proverbio hindú.

bicos.





1 comentario:

  1. Graciñas a tod@s polos vosos comentarios no vídeo.
    Esta semana poñeremos fotos do corpo e dun pintor que estamos coñecendo. . .

    bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar