Xa sabedes que andamos metidos en novas investigacións. . .
Pero aínda non vos ensinamos nada.
Pero aínda non vos ensinamos nada.
Moitas cousas chaman a nosa atención e por iso, coma sempre, trouxemos un lote de cousas para investigar, xogar, falar, etc.
Aqui tendes unha mostra do moito que colaboramos, e dalgunhas cousas que trouxemos á escola.
O NOSO CORPO SERRANO !!! on PhotoPeach
E con todas estas cousas comezamos a investigar, a ler e a falar. comezamos falando do que pasaba cando estabamos na barriga de mamá, (dímoslle moitas voltiñas ao tema, pois chamaba moito a nosa atención. . .) falamos dos ósos, dos músculos, para qué serven, qué temos debaixo da pel, xogamos ás adiviñas con Paula, xogamos na pizarra máxica, cantamos, etc.
Comezamos a elaborar un libro con algunhas cousiñas das que ímos aprendendo.
O primeiriño de todo foi debuxarnos, ver cómo representamos o esquema corporal e qué imaxe temos do noso corpo. Aqui nos tendes máns á obra.
Despóis distinguimos si somos nenos ou nenas e cada quén pintou a imaxe correspondente. Tamén observamos con atención o noso pelo e os nosos ollos e vimos que somos diferentes, por iso cada quén pintouno como correspondía ca realidade.
Falamos das nosas máns, de todas as cousas que podemos facer con elas e do importantes que son para nós, contamos os dedos, tentamos aprender os seus nomes e. . . o máis divertido. . . embadurnamos a mán en pintura para estampala dentro dun marco.
Pero ademáis, uns somos máis alt@s e otr@s máis baix@s, por iso había que medirse. . . Está claro que todos somos diferentes, pero iso é o divertido !!! Pensamos no que necesitábamos, e chegamos a conclusión de había que ter que un metro como o que empregan os médicos cando nos miden.
Agora temos un metro colocado xunto á nosa porta, pero non entendemos ben todos os números que ten, asi que. . . pedimos axuda aos nosos irmáns maiores de 2º e aos seus amig@s.
Está xenial, ter irmáns e amig@s maiores. Baixan encantados a medirnos e anótano nas nosas fichas. Cántos números e qué difíciles ! ! !
Nós tamén estamos encantad@s. . . deixámonos medir, atendemos cando os vemos escribir os números e pagámoslles con bicos. . . je je je. . .
Graciñas aos nenos e nenas de 2º B e á profe Victoria ! ! !
Aqui vos deixamos a plantilla dalgúns traballiños que fixemos:
bicos.
Moitas graciñas a ti Bibi aos nenos e nenas de 2º B á e profe Victoria. Por o voso traballo e axuda.unha preta
ResponderEliminarGraciñas a tod@s polos vosos comentarios nas entradas e nos vídeos.
ResponderEliminarbicos.
Bibi.