viernes, 26 de abril de 2013

POP ART EN 3 ANOS ! ! !

Esta semana estivo chea de acontecementos , pero sen dúbida, o máis emocionante para nós foi xuntarnos as dúas clases de 3 anos A e B na entrada de infantil,  para facer dúas obras de Pop Art ao noso xeito, que nada teñen que envexar ao que fan outros artistas. . .
A idea víñase rumiando dende que fixemos os pingüíns e nos sobrou poliespán do que empregamos para facerlles o bloque de xeo da base. . . Entón á profe Pilar acendéuselle a súa bombilliña artística e dixo: gardámolos, facemos anacacos para tod@s, que pinten coas máns, e montamos un cadro. . .
E aqui nos tendes. . . preparados para pintar. . .


E agora un vídeo para que nos vexades en faena. . . 


POP ART EN INFANTIL !!! on PhotoPeach

Cando rematábamos a nosa contribución ao Arte, as profes Luz, Elena e Lola, axudábanos a limparnos.
E. . . como anécdota, un neno da profe Maite, cando saíu a buscar a mochila para merendar díxolle:
" Profe, los de 3 años están haciendo una fiesta, ¿puedo ir? "
ja ja ja. . .  Non me digades que non é boísimo. . . 

Máis abaixo vos deixamos fotos doutros acontecementos importantes desta semana: A lectura xenerosa,  o Día do Libro, O Día Mundial da Terra e o cumple de Ana.

BICOS.

A LECTURA XENEROSA SEGUE SENDO UN ÉXITO ! ! !

Esta actividade gusta tanto a pequen@s e maiores, que a semana pasada rematamos a primeira ronda de lectores e esta semana comezamos outra ronda . . .  Os maiores van a seguir baixando a ler para nós ! ! !

A semana pasada, non puidemos ter contacontos o xoves porque fomos  ao cine, pero o venres viñeron Sara e Lucas a contarnos o conto "Buenas noches ratoncita".



Onte viñeron Ezequiel (o irmán da nosa compañeira Mili) e María a contarnos outra das historias do libro de "Mamá pata cuenta a sus patitos".


E hoxe visitáronos Paula e Joel (o irmán do noso compañeiro Hugo), para lernos un libro co que aprendimos cousas da Primavera.



Graciñas a tod@s por ser para nós un libro aberto !!!
Queremos ser maiores para ler así de ben !!!

BICOS

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

O Día do Libro, levamos para casa  uns marcapáxinas moi chulos e plastificados, nos que xa estivemos traballando varios días.  
Pero nós celebramos o día do libro todos os días, porque a profe di que todos os días hai que ler algo, e como nós non sabemos aínda, tócanos escoitar. . .  Ás veces contos, outras poesías, outras adiviñas, outras cousas do corpo e outras veces veñen os maiores a ler para nós. . . Pero é importantísimo ler libros todos os días !!! Porque así colleremos gusto polos libros e pola lectura !!!


Aqui nos tendes en faena, facendo os nosos marcapáxinas.


E tamén fixemos un debuxo moi chuli. . .


Os marcapáxinas e o debuxo son ideas da profe Pilar, aqui vos deixamos o debuxo:



Esta é a plantilla dos marcapáxinas:



BICOS.

22 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA TERRA.

A ONU estableceu o 22 de abril como o Dia Internacional da Terra, para reafirmar a nosa responsabilidade colectica de promover a armonia ca natureza nun momento no que o noso planeta atópase ameazado polo cambio climático, a explotación insostible dos recursos naturais e outros problemas creados polo home.
Dende a escola, quixemos concienciar aos nosos peques falándolles un pouquiño de necesidade de coidar o noso planeta e pintamos un debuxo moi chulo cunha poesía que trouxo a profe Pilar, que despóis levamos para casa.


Aqui vos deixamos a plantilla do traballiño:


BICOS.




miércoles, 24 de abril de 2013

FELIZ CUMPLE ANA. . .

Este luns celebramos o cumpleanos de Ana, cada vez son maís os que van cumplindo 4 anos. . .
Porque xa somos maiores !!!


Merendamos un biscoito con pepitas de chocolate que estaba boísimo e,  teño que confesalo. . . eu tomei un muffin de chocolate que quitaba o sentidiño. . . Ana díxome que tiña que comelo todo e . . . eu obedecín. . . 


Aqui a tendes pedindo un desexo. . . 

Graciñas pola merendola !!!

BICOS.



viernes, 19 de abril de 2013

ANDY WARHOL CHEGA Á NOSA AULA. . .

A verdade é, que estou descubrindo uns pequenos artistas . . .
Desfrutan moito cas secuencias didácticas de Arte, teñen moita curiosidade por saber cousas da biografía dos Artistas, por ver fotos e por pintar coma eles.
Evidentemente, falamos de cousas adaptadas á súa idade; pero, sobre todo, a elección dos pintores é en función do que se poidan adaptar ao tipo de Arte que os peques fan, chamar a súa atención, motivalos e abrirlles os ollos a diferentes estímulos, para fomentar a súa creatividade.
Estes días comezamos a falar de Andy Warhol, un icono do Pop Art, que os conquistou de seguido. . .



Agora tod@s queren ser Andy Warhol, recortar fotos de revistas (xa lles dixen que pediran permiso primeiro. . . non vaia a ser que recorten o que non deben. . . ) pintar a Mickey Mouse, ter moitos gatos, chamarlles Sam, poñer perrucas. . .

 

En fin, aqui tendes aos  pequen@s Artistas. . .

WARHOLEANDO. PRIMEIRA PARTE. on PhotoPeach

E aqui deixamos o traballiño que fixemos.


BICOS

IMOS AO CINE PARA VER AS AVENTURAS DE KIRIKÚ.

Estamos feitos uns cinéfilos, xa é a segunda vez que ímos ao cine este curso !!!
Fomos moi formaliñ@s no autobús ata A Coruña para ver no CGAI unha peli chulisisima das aventuras de Kirikú cunha banda sonora preciosa.
Kirikú é un pequeno neno que vive en África. moi intelixente, valiente e xeneroso,  co que nos trasladomos de continente mentalmente para compartir as súas aventuras.

Aquí nos tendes na saída.

As aventuras de kirikú. on PhotoPeach

Recoméndovos as pelis, están xenial os contidos e os debuxos son moi fermosos. . . 
Tamén hai libros, por si vos interesa.
Aos peques deixounos hipnotizados, así que aqui vos deixo parte dunha peli por si queredes poñerlla, podedes atopalas en  You Tube sen problema.


BICOS.


CUMPLE DE LUCAS ! ! !

Hoxe celebramos o cumple de Lucas, por iso á hora da merenda recibimos ao seu papá cun biscoito riquiiiiiiisimo, tanto que houbo quen repetiu e ata tripitiu e. . . por iso a maior parte das merendas voltaron sen comer hoxe. . . 


Non tivemos tempo de facerlle o libro do cumple para agasallalo, non sempre o podemos facer no día. . .
Pero o luns, sen falta, facémoscho nun periquete !!!
Ben o merece, porque trouxo uns marcapáxinas moi chulos con números para tod@s.
E mentres, poñémoslle un marco de fotos de spiderman, que sabemos que é a súa paixón. . . 


BICOS.




viernes, 12 de abril de 2013

OS NOSOS LECTORES XENEROSOS DESTA SEMANA. . .

Este xoves recibimos a visita de Carlota e Sergio, que nos deleitaron co conto de "Gatiño e a neve", unha historia que xa coñecíamos e que nos gusta moito.


O venres recibimos a visita de Nico e Ismael, para contarnos dúas das historias que aparecen no libro "Mamá pata cuenta a sus patitos".


Graciñas por ser para nós un libro aberto. . . 

BICOS.




INVESTIGANDO O CORPO. . .

Seguimos a investigar o noso corpo, non só o evidente, o que vemos, tamén o que temos "dentro" e non vemos. . . 
Nas nosas pesquisas, axudados por un libro que fixo Paula na súa casa e que foi o detonante da nosa nova curiosidade, chegamos a averiguar que debaixo da pel están os músculos, debaixo os ósos e debaixo os órganos. . . 
Falamos da respiración e dos pulmóns , de cómo se inchan cando collemos aire e de desinchan cando o botamos fóra, e fixemos a proba con un globo para entendelo mellor.
Outra vez saíu o tema do tabaco e dixemos que era malisisisismo fumar, porque nos pulmóns ten que entrar aire, non fume, e ademáis "estropeamos" o corazón. . . Despóis desta conversa, moit@s dixeron que ao chegar a casa ían ter que reñir a algúns familiares que fuman. . . Agardemos que se lles acorde o conto cando sexan maiores e non fumen. . . 
Tamén falamos do percorrido que fai a comida polo noso corpo, dende que entra na boca, ata que sae por onde tod@s sabemos. . . e isto é,  lóxicamente,  o que máis gracia nos facía do asunto. . . 

Pero ademáis aprendimos  poesías do corpo.
Unha adicada ás máns. . . os 5 lobiños de toda a vida. . . e outra que falaba da barriga. . . 


E outra poesía da nosa cara.


Aqui vos deixamos as plantillas das nosas poesías.



E xogamos ás adiviñas. . . 


Aqui vos deixamos a plantilla da nosa adiviña:



Pero non podía faltar a visita dos nosos maiores que veñen  a medirnos, ou como di algunha. . . "a metrarnos". . .  ja ja ja. . .  Supoño que é porque os mandan colocarse xunto ao metro. . . 

                         


BICOS.