Esta semana estivo chea de acontecementos , pero sen dúbida, o máis emocionante para nós foi xuntarnos as dúas clases de 3 anos A e B na entrada de infantil, para facer dúas obras de Pop Art ao noso xeito, que nada teñen que envexar ao que fan outros artistas. . .
A idea víñase rumiando dende que fixemos os pingüíns e nos sobrou poliespán do que empregamos para facerlles o bloque de xeo da base. . . Entón á profe Pilar acendéuselle a súa bombilliña artística e dixo: gardámolos, facemos anacacos para tod@s, que pinten coas máns, e montamos un cadro. . .
E aqui nos tendes. . . preparados para pintar. . .
E agora un vídeo para que nos vexades en faena. . .
POP ART EN INFANTIL !!! on PhotoPeach
Cando rematábamos a nosa contribución ao Arte, as profes Luz, Elena e Lola, axudábanos a limparnos.
E. . . como anécdota, un neno da profe Maite, cando saíu a buscar a mochila para merendar díxolle:
" Profe, los de 3 años están haciendo una fiesta, ¿puedo ir? "
ja ja ja. . . Non me digades que non é boísimo. . .
Máis abaixo vos deixamos fotos doutros acontecementos importantes desta semana: A lectura xenerosa, o Día do Libro, O Día Mundial da Terra e o cumple de Ana.
BICOS.