A semana pasada traballamos con ilusión para facer un pequeno agasallo para os nosos amig@s maiores de 2º B. Fixemos un pequeno cofre pirata que tiña un tesouro, unha moeda de chocolate. . . riquíiiiiiisima. . .
Como hai máis nen@s que na nosa clase, algúns de nós traballamos dobre, e coloreamos e picamos 2 cofres. . . pero con tanta ilusión, que casi non nos pareceu traballo. . .
O martes, subimos ás agachadas para darlles unha sorpresa. . .
Pero a sorpresa levámola nós, porque por cada agasallo que lles entregábamos, eles tiñan para nós unha nube moi rica. . . que desapareceu voando dentro da nosa boca. . .
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario