Esta semana seguimos traballando a poesía con ese libro tan fermoso que nos prestou a profe Sandra e que . . . ao final, gustoume tanto, que o merquei para min. . . Non puiden agardar a visita dos Reis Magos. . . je je je. . .
Estivemos aprendendo unha poesía que seguro que algúns tentaron recitar na casa.
E fixemos uns debuxos preciosos das cousas das que falaba o poema.
Seguimos recibindo cousiñas do mar que ainda non vos ensinamos. . .
Conmemoramos o Día dos dereitos dos nen@s falando moito, moito, mooooooito de igualdade e pintando un debuxo.
Pintamos o corpo dun neno con pincel e ca axuda do profe Xoán. . . que se sae máis que nós. . . ja ja ja. . .
Vimos vídeos de cómo era o nacemento dos peixes e despóis plasmámolo nun traballiño. . .
E fomos en autobús á Coruña para ir ao cine a ver unha peli divertidísima das andanzas dunha pequena toupa.
Nada máis baixarnos do autobús coñecimos a unha parella de policías moi simpáticos que falaron moito con nós e nos "escoltaron" ata a entrada do CGAI.
Antes de poñervos o vídeo cas fotos, quixera avisarvos dunha sesión de contacontos que terá lugar mañán ás 6 da tarde.
Este é o cartel con toda a información.
Sesión de vídeo. . .
AS AVENTURAS DA PEQUENA TOUPA E AS NOSAS PROPIAS. . . on PhotoPeach
Aqui vos deixo tamén un capítulo das "Aventuras da pequena toupa" que atopou o profe Xoán en internet.
Boa semana !!!
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario