sábado, 21 de diciembre de 2013

VOLTAMOS A CASA POLO NADAL . . .

Como din na tele, nós tamén voltamos a casa polo Nadal, pois comezamos as vacacións e pasaremos uns días descansando cas nosas familias, cheos de ilusión pola chegada de Papá Noel e os Reis Magos, e tamén desexando ensinar na casa cánto traballamos ao longo deste trimestre.


Como seguramente xa comprobaríades, nos traballos dos vosos fill@s non había nada relacionado co proxecto do mar, pois os pequen@s non entenden de trimestes e sí de intereses.
Así que como o seu interese non decae, e teñen aínda curiosidade e preguntas que temos que tentar respostar, retomaremos as nosas investigacións sobre o mar e Peteiro á volta das vacacións.


Nestes días, deixamos o mar un pouco en calma para adicarnos case por completo a deixarnos invadir pola maxia do Nadal.
Preparamos bolas para a árbore de Nadal de casa ca nosa foto e escribimos a carta para As Súas Maxestades de Oriente.


Traballamos en equipo cos compañeir@s da clase da profe Pilar para montar unha árbore de Nadal.


A profe Elena dounos unha sorpresa de Nadal e trouxo ao cole a Marquitos, a súa mascota.
Coñecímola, acariciámola e gustounos tanto que fixemos uns debuxos preciosos del.


Graciñas Elena !!!!

Traballamos moito facendo estrelas para decorar na casa. . . 


Amodiño a con calma. . . 


Para que quedasen así de fermosas. . . 


Elaboramos as nosas portadas para os traballiños con moooooooooita ilusión.




Vimos un conto de Nadal na pizarra máxica, ca axuda da profe Eva e fixemos xogos de comprensión do conto.


Aqui vos deixo o enlace do conto e os xogos de comprensión para os que queiran repetir na casa:



E tamén os enlaces doutros xogos cos que nos divertimos nestes días:




E así foi pasando a semana, ata que chegou o gran día e As Súas Maxestades de Oriente visitaron o noso colexio.
Aqui nos tendes nunha espera cargada de emoción que se nos facía eterna. . . 


Ata que por fin chegan e puidemos saudalos ! ! !









Pero  estou segura de que estades desexando ver cómo entregamos a carta aos Reis Magos. . . 
Bueeeeeeno, pois alá vai. . . 

A visita das Súas Maxestades. . . on PhotoPeach

E para o fin de festa, xogamos nos recunchos tranquiliñ@s mentres que a profe preparaba os traballiños e demáis cousas para que levásemos.


E para rematar unha ADIVIÑA DE NADAL:

Unha señora, moi enseñorada,
que remexeu na carpeta, 
e as notas quedaron tiradas. . . 
Quén foi ???

A solución á volta das vacacións. . . e mira que dixen que non abrisen a carpeta ata chegar a casa. . . 
Ejem. . . que non cunda o pánico, porque atopou o sobre cas notas  tirado a bruxa Pepita e deixounas na miña mesa. . . 

Unha aperta para Andrea que se perdeu a festa cos Reis, pero que ten os seus traballos e o agasallo que lle deixaron As Súas Maxestades agardando por ela na escola.
Graciñas familias pola vosa colaboración ao longo deste trimestre ! ! !
Bó Nadal e que no 2014 se cumpran todos os vosos soños.

Bicos.

CUMPREANOS DE ADRIÁN E IAN ! ! !

Esta foi unha semana na que estivemos de festa en festa, de celebración en celebración e de larpeirada en larpeirada. . . 
Celebramos os dous derradeiros cumples do ano ! ! !

O mártes convidounos Adrián a unha tarta con motivos do mar e a galletas cos nosos momes.


O mércores tocoulle a Ian que nos trouxo unha tarta de biscoito moi rica e galletas de cabaliños de mar.


Mirade qué galletas máis chulis trouxeron ! ! !


E como tamén trouxeron galletas para min, dou fé de que estaban boísimaaaaaaaas! ! !

Felicidades pequerrechos. . .  perdón grandes xa ! ! !

Bicos.

domingo, 15 de diciembre de 2013

NADARÍN.

Así traballamos o conto de Nadarín de Leo Lioni.


Un conto que xa limos o curso pasado, pero que retomamos agora que nos atopamos investigando ao redor da temática do mar. 


E agora que ímos maiores, entendémolo mellor. Por iso, falamos do importante que é traballar en equipo para acadar os nosos obxectivos.



E traballando en equipo podemos. . . escribir moitas máis palabras cas letras da pizarra magnética! ! !


Somos capaces de facer máis puzzles que de xeito individual ! ! !


Conseguimos emparellar todas as letras maiúsculas cas minúsculas ! ! !


En resumo, aprendimos de xeito práctico as ventaxas do traballo en equipo ! ! !

Bicos.

O QUEBRANOCES.

Esta semana, o noso compañeiro Daniel contounos que foi  ver a obra do Quebranoces ao teatro, viña namorado de Clara, a súa preotagonista,  e emocionadísimo. . . Tanto foi así,  que conseguiu transmitir e contaxiar esa emoción a tod@s @s seus compañeir@s.


Trouxo o conto á escola e contounos a historia  tan ben que conseguiu a atención incondicional de todo o grupo  e o aplauso final da clase ! ! !


Tanto interese espertou no grupo que buscamos a obra en internet e vimos anaquiños ao longo da semana.
Unhas namoradas do Quebranoces,  e outros namorados de Clara. . . 
E tod@s namorados da música ! ! !


E rematamos a semana, vendo na nosa sesión de "Venres de Cine" unha versión adaptada para nen@s.
Aquí vola deixamos para que desfrutedes de novo na casa.



Bicos e boa semana ! ! !

viernes, 6 de diciembre de 2013

CONTACONTOS

A semana pasada recibimos unha visita mooooi especial. 
Contounos un conto a. . . 

---firma--- ---firma---


Debíavos as fotos do contacontos, así que alá vai o vídeo ca montaxe. . . 

A dragona Ramona on PhotoPeach

Aqui tendes unha versión do conto, un libro estupendo  con mensaxe,  para aprender, facer pensar aos pequenos e traballar a igualdade.



Bicos e boa semana.