Esta semana, o noso compañeiro Daniel contounos que foi ver a obra do Quebranoces ao teatro, viña namorado de Clara, a súa preotagonista, e emocionadísimo. . . Tanto foi así, que conseguiu transmitir e contaxiar esa emoción a tod@s @s seus compañeir@s.
Trouxo o conto á escola e contounos a historia tan ben que conseguiu a atención incondicional de todo o grupo e o aplauso final da clase ! ! !
Tanto interese espertou no grupo que buscamos a obra en internet e vimos anaquiños ao longo da semana.
Unhas namoradas do Quebranoces, e outros namorados de Clara. . .
E tod@s namorados da música ! ! !
E rematamos a semana, vendo na nosa sesión de "Venres de Cine" unha versión adaptada para nen@s.
Aquí vola deixamos para que desfrutedes de novo na casa.
Bicos e boa semana ! ! !
Querida Bibi. Son a madriña de Dani. Non nos coñecemis, pero quero agradecerche o bo traballo que estás facendo cos nenos, e particularmente con Dani. Profesionais coma ti fan que sigamos crendo na escola pública. Parabéns.
ResponderEliminarGraciñas polo teu comentario e por levar a Dani a ver O Quebranoces, pois a "culpable" de todo o que aconteceu na aula ó longo desa semana fuches ti . . . eu só aproveitei unha motivación tan grande que se contaxiou a toda a aula e, contra iso non hai programación posible. . . tan só improvisar e adaptarse aos intereses do grupo ! ! !
ResponderEliminarA escola pública facémola tod@s, por iso é tan importante cando as familias colaborades ! ! !
Un bico grande e que no 2014 se cumpran todos os teus soños.
Bibi.