Esta semana, entre temporáis, varicela, males de estómago e demáis, moitos faltamos á escola.
A miña intención era ter sacadas as fotos de tod@s ca súa palabra do imaxinario da paz, pero a cousa resultou misión imposible. Iso si, o imaxinario está exposto no pasillo xunto á nosa aula, á espera de voltemos a ser 26.
E tampouco puidemos sacar unha foto de grupo (eu incluída) co fondo do mural da paz que hai na entrada do cole, e no que participamos facendo as nubes.
Así que, non queda máis remedio que adaptarse, facer outro tipo de cousas, re-programar a semana e. . . desexar que tod@s os enfermiñ@s se recuperen pronto.
O venres, foi un día ben raro, pois faltaban 9 nen@s na aula, e por momentos ata me aburrín e todo. . . ja ja ja. . . Asi que, decidimos retomar a canción do "Ratón de Martín" e facer unha "obra de inxeniería" idea da profe Iria Martín López que estivo o ano pasado no noso cole.
Quen millor que o noso Martín para amosar como quedou o traballo !!!
Se tiramos do botón, efectivamente debaixo aparece o rato. . . e debaixo do calcetín tamén. . .
Vedes como é unha obra de inxeniería ! ! !
A canción do rato era para quedar na casa pero lembrade traer a carpeta o luns.
Moitos biquiños aos enfermiñ@s e á profe Iria! ! !
Boa semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario