sábado, 15 de febrero de 2014

CO TEMPORAL NON SE PASA NADA MAL ! ! !

Últimamente con tanto temporal, vento, choiva, granizada, cicloxénese, etc, non se pode saír moito ao patio, nin ir ao parque polas tardes, correr e desfogar libremente.


Moitos días, as actividades no exterior están prohibidas por seguridade. Cando isto ocorre, na hora do recreo xogamos na clase, nos rincóns, polo que desfrutamos moito máis tempo deles.
O luns, cando xa case tiñamos a merenda rematada e moitos estabamos preparados para saír ao patio, sucedeu isto. . . 


A profe Sandra, poñendo en perigo a súa saúde, atreveuse a saír e recoller granizo para ensinarnos a tod@s ! ! !
Ainda que algunha incrédula seguía preguntando. . . 


Mirade qué ben o pasamos experimentando co granizo e xogando nos rincóns.
E. . . por certo, se algúns chegaron co mandilón feito un cuadro esta semana, foi porque no rincón de plástica pasámolo ao grande xogando a estampar letras e formas. . . Desfrutamos moito cos selos e a pintura ! ! !

CO TEMPORAL NON SE PASA TAN MAL. . . on PhotoPeach
Bicos.

1 comentario: