A semana pasada traballamos o conto "Don caballito de mar" de Eric Carle , un dos contos que vos pedimos polo Nadal, pero aínda non vos ensináramos as fotos.
É unha historia moi fermosa, a través da que aprendimos que os cabaliños de mar (ou hipocampos. . . palabra que non cansan de repetir. . . ), ao igual que outros animáis, asumen a tarefa de coidar dos seus ovos ata que nacen os seus fill@s.
O conto tamén nos serviu para traballar a coeducación e a responsabilidade compartida, porque non só as mamás teñen que coidar aos fillos.
Estas cousas que parece que lles veñen grandes de momento, pero . . . eu quero pensar que sempre queda algo nesas cabeciñas . . . ou eso espero ! ! !
Neste caso, lévanos nunha bolsiña que teñen na barriga.
Pero algunhas especies de peixes lévanos na boca. . .
E claro, chegados a este punto xurdiron preocupacións moi serias do tipo:
- ¿Y cómo hacen para hablar?
- Y para comer??? seguro que no puede. . .
- Pues mira que si se traga uno sin querer. . .
- Si se lo come le riñe su mujer. . .
Ja, ja , ja. . .
Ás veces moito hai que aguantar para non tirarse polos suelos ca risa. . .
Aqui nos tendes facendo ao noso cabaliño de mar e tentando escribir o título do conto.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario