viernes, 25 de abril de 2014

22 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA TERRA.



 Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA TERRA,  recibimos na aula este mércores a unhas nais colaboradoras que levaban a cabo unha actividade plástica con materiais de reciclaxe, organizada polo Concello.




Para iso vos pedimos distintos materiais de reciclaxe ao comezo de semana, e quixera agradecervos a colaboración a tod@s @s que aportáchedes material, posto que son consciente de que avisamos con pouca antelación.




Comezaron a actividade contando un pequeno conto para concienciar da importancia de conservar e coidar o noso planeta, e logo dividiron aos nen@s en grupos para traballar.
Cos que tiñan caixa de queixiños fixeron un instrumento musical e cos demáis fixeron unha bolboreta con pinzas.


Posto que tiñan que ir polas tres clases de 4 anos, só tiveron tempo de facer unha actividade con cada un de nós. Por iso, e vendo que os cativ@s desfrutaban da actividade, decidimos quedar na aula co material restante para empregalo en facer nós tamén actividades plásticas reciclando materiáis.


Hoxe levamos para casa as cousas que fixemos, porque moitas tiñan purpurina e non secaron a tempo para levalas onte.
Pero estivemos falando ao longo da semana das cousas que podemos facer e que están nas nosas máns para coidar o noso planeta.
E. . . que saibades que algún se chivou desas colillas que tirades na rúa, na area da praia ou pola ventaniña do coche. . . que mal, que mal. . .  Hai que dar exemplo ! ! !


Graciñas ás expertas en reciclaxe por vir a visitarnos e traballar con nós ! ! ! 

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario