sábado, 17 de mayo de 2014

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Hoxe 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas.


Este ano, esta data está adicada a Xosé María Diaz Castro.


Por iso, ao longo da semana, fomos coñecendo cousiñas sobre a súa biografía e plasmándoas nun pequeno caderniño que levamos onte para casa.
E tamén ensaiamos, un pouquiño cada día, o seu poema musicado "Esmeralda" para cantalo no patio.

Esmeralda.

Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sen ti!

Ademáis onte celebramos no patio, xunto con todo o cole, esta conmemoración. 



Escoitamos con atención as cousas que lían os maiores sobre Xosé María Diaz Castro.


Presenciamos a entrega de premios de relato curto e poesía.


E cantamos "Esmeralda" e o Himno Galego, acompañados por uns estupendos frautistas.


Que teñades un feliz Día das Letras Galegas! ! !

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario