viernes, 20 de junio de 2014

FELIZ VERÁN E. . . ATA SETEMBRO ! ! !

Queridas familias, hoxe pecharei o "chiringuito" ata setembro.
Quixera agradecervos a tod@s a vosa colaboración ao longo deste curso, a vosa confianza e o voso cariño! ! !


Os meus piratas levaron hoxe para casa os seus traballiños cheos de emoción.
Adicádelles un tempo a velos con eles e a valorar o seu esforzo e traballo.

 Lembrádelles, no verán, que para o vindeiro curso van ser os maiores de Infantil ! ! ! 
E xa se sabe, que todo gran poder conleva unha grande responsabilidade ! ! !
 A súa responsabilidade para o vindeiro curso, será mellorar a súa atención, a súa autonomía e ser un bó exemplo para os "peques" (como din eles) que cheguen ao cole.
Axudádeos a seguir medrando no verán ! ! !


Mirade que hoxe levasen todo e, se falta algo, lembrade que ata fin de mes eu estou polo cole e podedes vir a buscar o que falte. 
Pablo tes que vir a pola peli de "Bichos", que estivemos rematando de vela e quedou posta no ordenador!!!
E Silvia, ti tamén tes que vir a por uns contos que deixaches! ! !

Se non deixaron nada na mesa, nin abriron a carpeta antes de tempo (ejem. . . ) tiveron que levar o seguinte: Os traballiños que encadernamos ca portada das chanclas, o sobre cas "notas", os traballos de insectos, un pequeno libriño no que traballamos os son das vogáis, o que fixemos de "El jardín de las letras", O Galopín ( que é a revista do cole), o caderniño de lóxica-matemática e o libro de inglés.
Ah!!! E enganchado na goma da carpeta quedaba un chupa ! ! !
Espero que ninguén collese o do veciño. . . xa sabedes que Pepita o ve toooooodo! ! !


E despedimos o curso amosándovos as nosas derradeiras aventuras ata setembro.

Aventuras de final de curso. on PhotoPeach

E deixamos para o último día,  un truco de maxia que nos trouxo a profe Pilar. Hoxe preparamos con moita ilusión un verme que se convirte en bolboreta, para sorprendervos coas súas dotes de mag@s.


Espero que lles saise moi ben o truco e que vos sorprendesen moito ! ! !


Foi unha pena que faltase Naiala e non saia na foto.

Graciñas Sandra por sacar a foto para que eu tamén poida saír ! ! !
Voute a estranar moito para o curso que ven! ! !

Despídome ata setembro! ! !
Moitos, moitos, moitos bicos aos meus pequenos grandes piratas e un especial para "a miña Pilar " ! ! !



3 comentarios:

  1. Anxo dixo que tiña que el escribir o seu comentario. Fíxoo el so.
    Nos desexámote un feliz verán. Moitas grazas por todo o que fas por estes pequenos, pois nótase moito cando hai unha boa profesional e que se implica na súa aprendizaxe. Síntete sempre moi orgullosa do teu traballo, pois estás sacando deles o mellor e facendo que disfruten dos seus primeiros neste mundo do colexio, que é fundamental para os seguintes cursos.
    Un bico moi grande Familia Ventoso Pouso

    ResponderEliminar
  2. GRACIÑAS a Hugo, Anxo, Rita, Victor e ás súas familias polos seus comentarios! ! !
    Eu tamén vos desexo un feliz verán e que teñades moitas aventuras que contarme en setembro.
    Moitos bicos! ! !

    Bibi.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas a Adrián e á súa familia polo seu comentario.
    Alégrome moito de que conseguir vaquiñas o motivase a facer un último esforzo. jejeje...
    Desexo que pasedes un feliz verán e que teñades moitas aventuras de vaquiñas e moitas mais cousas que contarnos en setembro.

    Graciñas tamén "á miña Pilar" por deixarme un comentario, por ser tan aventureira, creativa e boa compañeira! ! !

    Un bico enorrrrme ! ! !

    Bibi.

    ResponderEliminar