Esta semana despegamos cara o espazo, por iso comezamos a traer a clase cousas para investigar.
Organizamos as nosas ideas sobre o tema, explicámolas ante os compañeiros e tomamos boa nota das respostas a estas dúas preguntas:
1- Que sabemos do espazo?
2- Que nos gustaría saber?
Como pasa sempre, as nonsas ideas son moitas por iso ao final acordamos escribir só as que nos parecían mais importantes.
Vimos debuxos animados do espazo, e non só o venres de cine, porque nos estamos a portar bastante ben e iso ten premio! ! !
E. . . unha das cousas que mais nos gustou foi que grazas á nosa compañeira Paula, COMIMOS A LÚA ! ! !
Tentamos comprender e coñecer as fases da lúa e despois tentamos reproducilas cas galletas que trouxo Paula, amodiño e case tod@s xunt@s.
No paquetiño que trouxo Paula, viña unha pequena explicación con foto incluída e 4 galletas.
Para reproducir as fases da lúa na escola, empregamos dúas galletas que logo comimos ao final da actividade.
Por iso levaron para casa o paquetiño cas dúas galletas que quedaban e a explicación para saber facervos o mesmo truco na casa. Estou segura de que se explicaron moi ben ! ! !
GRACIÑAS A PAULA E Á SÚA FAMILIA POR ESTE MOMENTO TAN DOCE ! ! !
Iso si, teño que aproveitar para insistirvos na AUTONOMÍA, pois son nen@s de 5 anos que non deberían ter problemas para abrir unha bolsiña ou paquete de galletas , nin para sacar e meter un papeliño nunha bolsa, e. . . houbo serios problemas. . . ejem. . .
3,2,1. . . DESPEGAMOS! ! ! on PhotoPeach
Pero o espazo non nos quitou tempo de "artistear", polo que fixemos unhas árbores de Outono que nos quedaron ben bonitas.
Xa por último, só nos queda ensinarvos uns debuxos preciosos que fixemos da historia do "Pato Afortunado". Agora ímos maiores e escoitamos todo tipo de lecturas, así que ista é unha historia real que apareceu na prensa e que nos trouxo a profe Pilar.
Feliz semana!!!
Bicos.
Graciñas polos vosos comentarios no vídeo e pola app! ! !
ResponderEliminarEstá xenial que vos animedes a compartir ideas ! ! !
Bicos.
Bibi