Nestes días vimos un conto de Outono na pizarra dixital que nos pareceu moi fermoso.
Despóis , como xa somos moi maiores, fixemos un traballiño de Outono moi especial: UNHA SOPA DE LETRAS DE OUTONO !!!
Aqui vos deixamos o conto para poder desfrutalo de novo en familia.
Tamén seguimos recibindo axuda e información sobre o espazo.
Paula explicounos cómo a terra xira ao redor do sol, e a lúa ao redor da terra.
Adornamos o rincón cun montón de debuxos que fixemos na casa sobre o espazo.
Trouxemos contos, observadores de constelacións feitos a man, pegatinas de estrelas, platillos volantes feitos con material de refugallo, pintura espacial e especial para facer adornos que brillan na escuridade e uns muráis chulísimos do sistema solar.
Repasamos as fases da lúa cun vídeo explicativo.
Aqui volo deixo para os meus pequen@s astrónom@s. . .
Falamos dos telescopios que temos na aula, da súa función, da súa invención e de GALILEO GALILEI ! ! !
Non deixa de asombrarme a capacidade que teñen de lembrar datos, nomes, vocabulario específico sobre o tema. . . é aluciante ! ! !
Non deixa de asombrarme a capacidade que teñen de lembrar datos, nomes, vocabulario específico sobre o tema. . . é aluciante ! ! !
Falamos de estrelas e constelacións, do Big Bang, do Sistema Solar, da Vía Láctea, das estacións, da gravedade, etc. A súa curiosidade é infinita.
O memo lemos contos que libros con información teórica sobre o tema, poñemos debuxos animados ou documentais científicos con vocabulario específico do tema, e todo isto case sen pestanexar. Confeso que ás veces non selecciono vídeos para nenos, porque estos non respostan ás súas curiosidades e ás veces non teñen imaxes reais e por iso non lles gustan.
Por iso, remato poñendo documentais que paramos cando hai algo que non entenden e de seguida dámoslle ao play outra vez.
Aqui nos tendes vendo un documental sobre constelacións, tema que xurdiu despóis de amosarnos Paula os observadores de constelacións e falarnos de Casiopea, da Osa Maior e da Osa Menor . Por certo, Paula, si rematas traballando na NASA . . . lémbrate de min ! ! !
Tanta curiosidade e tanta información pódese ver no mural que temos no pasillo co Sistema Solar, nos cohetes que fixeron cas súas fotos no rincón de plástica, e deixando voar a imaxinación cara ao espazo para plasmar de xeito plástico, ben con debuxos ou con plastilina, aquilo que lles entusiasma sobre o tema.
Tomade asiento e . . . a viaxar polo espazo ! ! !
Viaxamos ca nosa imaxinación ! ! ! on PhotoPeach
AVISO IMPORTANTE: Onte levamos o noso horario espacial de maiores para poñer na habitación e outra fichiña de lectura comprensiva. Lembrade que tanto o horario como a ficha son para quedar na casa e a carpeta temos que traela de volta á escola o luns.
Feliz semana.
Bicos.
Grazas polos vosos comentarios no vídeo! ! !
ResponderEliminarBicos.
Bibi.