domingo, 9 de noviembre de 2014

MISS BRUXA DO BURGO! ! !

Como xa vos dixen en máis ocasións, gústame traballar con el@s distintos tipos de textos. Neste caso, tendo en conta a celebración do Samaín, traballamos a poesía: "Miss bruja".

Nesta poesía, que atopou a profe Pilar, faise unha descripción das características que ten que cumplir unha bruxa para converterse en "Miss Bruxa", por iso tras ler con atención a poesía varias veces puxéronse mans á obra.




O reto estaba en lembrar ben todas as características que  tiña que ter a bruxa , e tendo en conta esa descripción facer un debuxo. Así pois, traballamos a poesía, a descripción, a memoria, a atención e a expresión plástica.




Os resultados foron espectaculares, pero como quedáramos de elexir unha, o premio a "Miss Bruxa" foi para. . . LUCAS ! ! !
PARABÉNS ARTISTA ! ! !


Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario