viernes, 28 de noviembre de 2014

REFLEXIÓNS DUNHA MESTRA CON VOCACIÓN QUE ÁS VECES SE SINTE TRATADA CON POUCA EDUCACIÓN.

Isto é o que me gusta facer. (Grazas Lola por sacarme a foto)


E así é como me sinto na aula (imaxe tomada do blog de Manu Velasco)


Dito esto, e sendo este o terceiro curso que compartimos no mesmo barco ( mais ou menos), penso que debería sobrar dicir que me gusta o meu traballo e o desfruto, e que aínda que non sempre estemos dacordo, SEMPRE que vos aconsello móveme O MELLOR PARA OS NEN@S.

Refírome a consellos que non me cansarei de repetir tales como:

- As rutinas diarias son para os nen@s o que as paredes son para unha casa. Dalles fronteiras e dimensións á súa vida, dalles seguridade. Ningún neno se sinte cómodo nunha situación na que non sabe qué esperar.  Por iso a importancia de asistir regularmente á escola de xeito puntual. A puntualidade é unha mostra de respecto polos demáis, posto que a impuntualidade de algúns afecta a todo o grupo. Xa vos dixen que deixei de contar o conto a primeira hora por ese motivo, ter que interrompelo continuamente perdendo a atención dos cativos.

- A puntualidade non é só á entrada, tamén á saída, pois para os nen@s que teñen que esperar e ven como @s outr@s marchan, ista situación é motivo de inseguridade.

- A asitencia regular á escola axuda aos cativos destas idades a axustarse a un horario de clase e aprender os seus procesos e rutinas diarias, facilitándolles a organización da súa vida académica presente e futura. Por iso a importancia de non faltar á escola, e aproveito para lembrarvos xustificar as faltas.

- Os adultos somos modelos de comportamento para os nen|@s. A familia xoga un papel fundamental nos primeiros anos dos nen@s, xa que moitos dos hábitos, costumes, normas, etc que se adquiren na familia acompáñanos ao longo de toda a vida.  O aprendizaxe destos, teñen moitas veces unha proxección inmediata na aula e no trato dos cativ@s cos seus compañeiros. ( Por exemplo, se nos ven mentir el@s vano facer, se nos ven berrar el@s vano reproducir, etc). Por iso, se queremos que a súa integración social sexa exitosa, debemos ser modelos o máis exemplares posibles.

- A importancia de poñer normas e límites que @s axuden a medrar de xeito responsable, posto que temos a obriga de axudalos no seu desenvolvemento moral, a saber o que está ben e o que está mal e a relacionarse de xeito positivo e saber convivir e vivir en sociedade.

Unha vez lembrada toda a miña "matraca" que xa me escoitáchedes moitas veces, gustaríame repetir unha vez máis que TODO O DIGO PENSANDO NO MELLOR PARA OS CATIVOS,  aos que a estas alturas da pelicula teño xa un cariño especial, e que cando vos aconsello ou vos lembro algo, aínda que non estedes dacordo, non debedes esquecer que estades nun CENTRO EDUCATIVO, e non se debe contestar: " Jod. . .r tía, no me alteres ".

Grazas pola vosa colaboración.

P.D. A petición de meu pai, que me lé todas as semanas, non puxen o "taco" enteiro e puxen puntos suspensivos. 

Bicos.


9 comentarios:

  1. "Ninguén dixo que fóra fácil e doada a nosa profesión".

    Segue así mestra Bibi, cos teus valores, coa túa profesionalidade, constancia, vocación e adicación persoal aos teus pequerrechos/as. Non desistas. Parabéns por esta entrada no blogue, estou segura que moitas das túas familias apoiante e están dacordo coas túas verbas e consellos, e están tremendamente orgullosos/as de que ti sexas a mestras dos seus fillos/as.
    Din que... "rectificar é de sabios" espero que esa persoa se "rectifique nas formas e recapacite nos seus feitos".




    ResponderEliminar
  2. Ola carapuchiña vermella, que pena non seguir no cole , para seguir aprendendo de ti. Mestras como tí son as que fan falta nesta profesión , na que según algúns( os menos, espero ) non facemos máis que pegar, picar e recortar. Ánimo, e ainda que sexa inxustificable e imperdonable certos comentarios, hai que tomalos como de quen veñen. Orgullosos teñen que sentirse os país dos teus nenos de ter unha profe como tí. Un millón de bicos e parabéns por telos .....adiviña.

    ResponderEliminar
  3. Os que sodes pais entenderedes que a cada un dóenlle os seus, a mín dóeme que a miña filla teña que escoitar algunhas cousas, pero síntome ben orgulloso de como a educamos.
    Un saludo: Julio Boedo

    ResponderEliminar
  4. Eu síntome moi orgullosa de que sexas a mestra do meu fillo e nunca poderei agradecerche todo o que fas por el. Hai moitos mestres e mestras, pero poucas que lle dediquen e se sentían tan felices realizando o seu traballo.
    Segue así, somos moitos os pais e nais destes Piratiñas que te apoiamos e nos sentimos indignados coas verbas que che dedicaron e o mínimo que podería facer quen o fixo sería pedir disculpas. Pois o que nos dís é polo ben dos nosos pequenos non por estresarnos.
    Un bico MOI GRANDE

    ResponderEliminar
  5. Estoy totalmente de acuerdo con todos. Yo al igual q muchos mamas y papas (y eso si m consta) estamos encantados de tener con nuestros hijos una profe como tu. Muchas gracias x ser como eres y x todo lo q haces x nuestros hijos y a la vez x nosotros. No cambies x nada ni x nadie xq la labor q haces nunca podremos agradecertela lo suficiente. Gracias x tanto y x todo. X favor no cambies nunca. Un beso y un abrazo muy fuerte

    ResponderEliminar
  6. Viendo que esta madre ni expone su versión ni da la cara ni pide disculpas no queda mas que decir que el que calla otorga y que no son formas de hablar Yo pienso que siempre hay dos versiones y no me gusta juzgar sin escuchar a la otra parte y como dice tu padre a cada uno le duelen los suyos Está claro que eres una buena profesora los resultados saltan a la vista además los niños te adoran Un abrazo fuerte fuerte de luz Bibi para ti y para la otra parte puede que también lo necesite

    ResponderEliminar
  7. Muy buena reflexión, no podrias haberlo dicho mejor! Besos!!!

    ResponderEliminar
  8. Pouco mais que añadir a todo que dixeron.........encantada de que sexas a mestra da miña filla.
    Solo espero que cousas coma esta non che fagan perder as ansias,a ilusion e o cariño que poñes en enseñar os cativos....

    GRACIAS POR TODO

    ¡ANIMO!!!!!!

    ResponderEliminar
  9. Ah! Me olvidaba de decir una cosa....OLE POR TU PADRE!!!

    ResponderEliminar