miércoles, 24 de diciembre de 2014

VISITA DOS REIS MAGOS Á ESCOLA.

Como ben sabedes, o pasado venres día 19 recibimos na escola a visita das Súas Maxestades .
Entre nervios e frío agardamos a súa chegada no patio do cole.








A espera facíase longa e ao final sentámonos. . . 



Iso si, ca carta na man, sen perdela de vista ! ! !


Algún resistíase a sentarse por si se perdía algo. . . 
E ao final. . . chegaron no seu coche oficial.


Desatouse a locura incluso nos adultos, pero algúns conseguimos darlles a man á súa chegada ao cole.




Logo pasamos ao ximnasio, onde agardaban as Súas Maxestades sentados nos seus tronos e onde lles entregamos as nosas cartas. Aqui si que nos puidemos sacar fotos con eles e falarlles.

Primeiro tomamos asiento para agardar a nosa quenda e vimos como o grupo de pandeireta interpretaba unha panxoliña.


Neste grupo estaban dous compis da nosa clase: Adrián e Aymar, que o fixeron moi ben.


Logo, tod@s xunt@s cantamos outra panxoliña co profe de música.


E por fin, puidemos falar cos Reis Magos.
Mirade que momento máis entrañable.




De volta na clase, compartimos unha rica merendola de Nadal.
Tiñamos turrón, améndoas, biscoitos, Papá Noeles de chocolate, bombóns, e un montón de cousas máis. 
Tiñamos tantas cousas que , como víchedes polo que foi de volta para casa, non chegamos a abrir todo para que non se estropease, porque aínda que somos larpeir@s era demasiada comida.


Mellor será que vos poñamos un vídeo resumo da nosa xornada no cole nun día tan especial.


A emoción do Nadal ! ! ! on PhotoPeach
Hoxe quero despedirme cunha mensaxe que atopei na rede de casualidade, que desprende positividade e bos desexos.


Bo Nadal a tod@s e que no ano 2015 outro mundo mundial sexa posible! ! !
  Grazas pola vosa colaboración ao longo deste trimestre.

Moitos bicos





No hay comentarios:

Publicar un comentario