Comezamos a semana cantando unha canción en italiano co profe Vicente.
Unha canción que parte dun conto de Gianni Rodari.
Cada un de nós tiña un carteliño cunha palabra en italiano. Cando a nosa palabra saía na canción tiñamos que estar atent@s para levantar o noso carteliño.
Logo levamos a palabra para casa, para que vexades que somos rapaces de mundo. . . e ata en italiano cantamos si é necesario ! ! !
Ao longo da semana fomos falando das viaxes espaciais, tanto en naves tripuladas como en naves sen pasaxeiros. Falamos dos traxes especiais que precisan os astronautas, dos efectos da forza da gravedade, da primeira viaxe do home á lúa a bordo do Apolo 11 e do primeiro animal en viaxar ao espazo: a cadeliña Laika.
Fixemos dous pequenos traballiños, onde plasmamos unha pequena parte do moito que aprendimos e reflexionamos moito, amosando xa que ímos maiores.
Ao falar da cadeliña Laika, un deles comentou que Laika morrera durante a viaxe. Tod@s amosaban a súa preocupación polo tema e demandaban saber a verdade. Penso que as mentiras non levan a ningures, e que si nun tema que lles preocupaba tanto lles mentía, perdería a súa confianza.
Así foi como rematamos afrontando o tema da morte, con naturalidade ainda que sendo moi doces, pois sobreprotexéndoos realmente os desprotexemos para afrontar a vida; e traballar as emocións é tan importante ou máis que traballar as letras.
Moit@s se emocionaban, amosando que teñen un gran corazón e sensibilidade, lembrando seres queridos: familiares ou mascotas. E moitos consolaban aos seus compañeir@s trites cun bico, unha palabra de cariño, unha aperta ou unha palamadiña na espalda de xeito espontáneo.
Os meus piratiñas medraron moito xa, non son eses pequerrechos que coñecín en 3 anos, teñen preocupacións, inquedanzas, son moi sensibles e cun gran corazón.
Eu tamén compartin con eles os meus pensamentos e sentimentos, pois pareceume importante non ser a profe, ser unha máis.
Expliqueilles que na vida imos ter cousas boas que farán que estemos moi content@s, e cousas malas que nos poñerán tristes. Afortunadamente, as cousas boas van ser moitas máis. Pero el@s van ter sempre alguén que os axude e os console como sucedeu na clase, e el@s terán que axudar tamén a outras persoas. Tod@s prometeron axudar cando alguén esté triste, e falamos da importancia das apertas e do ben que nos fan sentir.
Faleilles da miña cadeliña Canela, que morreu porque era moi velliña, e como eu tiña un truco para non poñeme triste: pensar en todas as cousas alegres e divertidas que facía.
Conteilles como lle merendou o bocata de chocolate ao neno dun veciño. . . dun só bocado. . . e a vergonza que pasei mentras ela masticaba tranquilamente; ou como se agochaba tras as pernas de miña nai e dende ali lle ladraba a un escornabois . . . sen atreverse a asomarse . . . a moi medranas.
Tras as risas, viñeron as anécdotas pola súa parte, e entre tod@s recuperamos a ledicia.
Sei que esta foto lles fará ilusión, pois me pediron unha foto dela. Saímos a miña irmán Mariana, Canela e eu. . . e xa ten uns aniños. . . (Mariana, non te enfades !!!)
E para os que querían coñecer ao meu gato tamén hai foto, esta na que está cazando un rato de peluche encántame ! ! !
Xa vedes que eu cumplin poñendo as fotos , si queredes compartir algunha podedes traela a clase e si vos apetece tamén a subimos ao blogue.
Por certo e falando de fotos, a profe Chus pediulles fotos de profesións, pois é o que están aprendendo en Inglés, poden ser das súas familias ou de revistas.
Agora si, o vídeo resumo desta semana.
Viaxe ao espazo. on PhotoPeach
Só me queda dicir, que é un pracer ver como estes piratiñas medran e maduran, compartir con el@s as súas inquedanzas e ver que teñen un gran corazón.
Moitos bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario