sábado, 30 de mayo de 2015

MARUJEANDO CON MARUJA MALLO ! ! !

Nestes días, comezamos a coñecer a Maruja Mallo.

Primeiro a través dunha presentación ca que aprendimos cousas da súa vída e a súa obra, e coñecimos moitos dos seus cadros.


Plasmamos algunhas das cousas aprendidas e achegámonos ao uso dos mapas como medio de representación da realidade.


Tentamos emular á artista galega facendo composicións con figuras xeométricas.



Aqui tendes as nosas creacións xeométricas:

Composicións con figuras xeométricas. on PhotoPeach

Ademáis, fixemos a nosa versión dun dos seus cadros de aspecto máis espacial: Eter 3.
E como si dunha nave espacial se tratase, incorporamos a nosa foto asomando pola fiestra.


Para mostra, parte das nosas obras expostas no corredor de Infantil.


E aqui tendes a nosa producción plástica ao completo. 

Eter 3 on PhotoPeach

E xa para rematar, ainda que non ten que ver co tema, estes días estounos vendo cansos ata para seguir as reglas dos xogos dirixidos que facemos nas sesións de Psicomotricidade, así que estou deixando que desfruten da pista , dos columpios e do patio de Primaria en xeral, así tamén o van coñecendo de cara ao curso que ven.


Boa semana.

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario