sábado, 12 de septiembre de 2015

BENVIDA ÁS FAMILIAS DOS MEUS NOVOS PIRATIÑAS ! ! !

Esta semana só vou facer unha breve entrada no blogue para darvos a benvida ás familias igual que fixen cos nen@s.

Quixera agradecervos a vosa colaboración traendo o material antes do comezo das clases, pois así cando eles comezaron o día 10 puiden adicarme a eles con calma e ter todo colocado , sen ter caixas de material polo medio da aula.
A xente que tiña algún material equivocado mandeillo de volta na mochila xunto cunha notiña.

Os nen@s adaptáronse moi ben ao cambio de clase e de profe, así que estou encantada de coñecelos.

Si ollades as entradas anteriores do blogue veredes que para merendar @s nen@s poñían un manteliño de tela na mesa, pois aínda que pasemos unha toalliña húmida despois de facer certas tarefas, paréceme máis hixiénico pousar comida no mantel. Por iso vos mandamos unha notiña onte pedindo un manteliño individual de tela para que traian na mochila ca merenda. Póñovos unha foto por si vos serve de axuda.


Por outra banda, tamén vos pedimos un sobre plástico tamaño medio folio, para levar circulares e notiñas na mochila ben dobradas, sen que se estropeen ou se mollen no caso de que a botella de auga quede mal pechada. Penso que xa tiñades un o curso pasado, pero tamén vos poño unha foto por si tendes algunha dúbida.


Nos próximos días, cando teñamos o sobre plástico, mandareivos a autorización referente aos dereitos para o uso da imaxe dos nen@s, de maneira que poida poñer as súas fotos no blogue e poidades ver as nosas aventuras no cole. Anímovos a tod@s a que o entreguedes asinado pois failles moita ilusión verse nas fotos e axúdaos a lembrar o que fixeron e a contárvolo na casa.

E xa por último, lembrar que o LUNS día 21 de SETEMBRO ás 17:00 teremos unha reunión  na aula para coñecernos e explicarvos a metodoloxía a seguir.


Bicos.




2 comentarios:

  1. Muchas Gracias BIBI, de esta manera es mas fácil seguiros el ritmo. Un saludo y un muy buen año (Soy la mamá de Nico)

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Romi!!!
    Que ilusión recibir o primeiro comentario!!!

    Biquiños.

    Bibi

    ResponderEliminar