Nestes días seguimos recibindo material para o proxecto dos piratas.
Silvia explicounos a diferencia entre unha pirata boa e unha pirata mala e descubrimos que é unha estupenda actriz ! ! ! je , je, je. . . Non vos perdades a súa cara porque é xenial ! ! !
Marina e Manuel Nistal trouxeron cousiñas de piratas para disfrazarnos e fixéronos rir moito á hora de explicarnos cómo había que poñelas.
Rematamos o mural pirata e colocámolo no rincón.
Pero tamén fixemos outras cousas, por exemplo, Sofía trouxo castañas e noces para ensinarnos a tod@s.
E comezamos a facer adornos para o Samaín que próximamente vos amosaremos rematados.
E agora. . .un vídeo resumo da semana cun pouquiño de todo.
Piratas do Samaín on PhotoPeach
O xoves poden vir disfrazados de temática do Samaín. Tende en conta que a roupa ten que ser cómoda e facilitarlles a autonomía para ir ao baño.
Que teñades unha terrorífica semana ! ! !
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario