Como quen non quere a cousa rematou xa o primeiro trimestre xunt@s; un trimestre cheo de xogos, aventuras, aprendizaxes e emocións compartidas.
Agora que xa temos aqui as vacacións ímos amosarvos como nos preparamos para o Nadal.
Para comezar, lembrar as cousas que levamos para casa ao rematar o trimestre e recomendarvos que adiquedes un tempo a mirar con calmiña e interese os traballos dos pequen@s, froito do seu esforzo cada un na medida das súas posibilidades. Valorade o que fixeron e animádeos a seguir así e a ter interese e curiosidade por seguir aprendendo.
No sobre plástico da mochila levamos: o boletín informativo e a carta coas peticións de contos aos Reis Magos. Lembrade traer o resgardo do boletín asinado á volta e tamén que na carta dos Reis hai dúas opcións de libros para que elixades unha.
Na carpeta grande de gomas levamos: o caderniño de lóxica-matemática deste trimestre, o caderniño de traballo co nome, o caderniño do traballo das emocións, as fichas complementarias feitas (coa portada feita tamén por nós) e a nosa postal de Nadal. Lembrade que os traballiños son para quedar na casa pero a carpeta temos que traela de volta á escola para levar traballiños en ocasións futuras.
Á volta das vacacións proseguiremos co proxecto dos Piratas e, cando o rematemos, mandaremos o libriño correspondente rematado.
Nestes últimos días fixemos moitas actividades para quentar motores para o Nadal.
Unha das cousas ás que lle puxemos moito mimo foi á preparación das nosas portadas dos traballiños.
Pintamos con témpera líquida e bastonciños dos oídos.
Participamos na campaña solidaria do Concello: " O teu xoguete aínda novo merece un segundo fogar".
Aproveitamos para visitar a decoración de Nadal que tiñamos na entrada principal da escola.
Elaboramos as postais para felicitar ás nosas familias e participar no concurso de postais de Nadal do colexio.
Como cada ano, no concurso de postais elexíronse dúas postais gañadoras: unha para Educación Infantil e outra para Educación Primaria.
A postal gañadora de Educación Infantil foi a do noso amigo Eric.
Parabéns Artista ! ! !
Como temos moooooitas fotos, imos ir facendo vídeos- resumos en imaxes a pouquiños.
Ahi vai o primeiro.
NADAL 2015 (1ª PARTE) on PhotoPeach
Fixemos unhas orixinais campaniñas de Nadal .
Con elas adornamos o corredor que temos diante da nosa aula.
O venres levamos as campaniñas para casa.
Agardamos que vos gustasen ! ! !
Tamén coloreamos debuxos de Nadal con ceras brandas, relaxad@s e escoitando música.
E aqui vai o noso segundo vídeo-resumo en imaxes.
NADAL 2015 (2ª PARTE) on PhotoPeach
O día da visita das Súas Maxestades íase achegando; por iso, ben provistos de distintos catálogos de xoguetes, comezamos a pensar no que queríamos pedirlles, pouca cousa porque dixemos que tiñan que traer a tod@s @s nen@s.
Ao fin chegou o día, e. . . antes de nada había que comprobar que as cartas estaban ben.
Recibimos ás Súas Maxestades xunto con todo o alumnado da escola.
Agasallamos aos reis Magos cunha panxoliña.
As nosas pequenas pandereteiras Silvia e Olaya cantaron e tocaron durante a interpretación da mesma.
Que guapas e que artistas ! ! !
Logo fomos ao ximnasio a entregar as nosas cartas aos Reis e tiñamos unha panxoliña preparada para cantarlles despois de facernos a foto de grupo, pero coas presas nos descolocaron e nos puxeron en fila cando sonaba a nosa música e. . . non puido ser.
O que si fixemos foi sacar a foto de grupo.
E aqui vos deixamos a panxoliña para cantar na casa.
De volta na aula, abrimos o agasallo dos Reis ( un libro de adiviñas moi fermoso) e tomamos unha rica merendola de Nadal compartindo cos amigos e amigas. Tentamos non abrir os paquetes de comida que estaban repetidos para que non se estropeasen e unha vez rematamos a merenda os pechamos o mellor que puidemos para que chegasen en bo estado de volta a casa.
Graciñas pola vosa colaboración ca merenda de Nadal, sodes fantástic@s! ! !
Tiñamos tantas cousas que era difícil decidirse! ! !
E agora o noso derradeiro vídeo-resumo en imaxes.
NADAL 2015 (3ª PARTE) on PhotoPeach
Boas Festas a tod@s e que no 2016 se cumpran todos os vosos desexos.
Grazas pola vosa colaboración e o voso cariño ao longo deste trimestre.
Moitos bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario