Recoñecemos o noso nome e tentamos recoñecer o dos nosos compañeir@s.
Pintamos cada letra do noso nome dunha cor e contamos cántas letras ten para escribir o número na etiqueta.
Algúns temos nomes moooooi longos, outros medianos e outros curtos.
Tamén fixemos unha "sopa de letras" á nosa medida, empregando palabras coa letra i que trouxo o noso amigo Isaías.
Tamén estivemos buscando a letra i no nome dos amig@s da clase, pero desta actividade non temos fotos, porque ás veces é complicado estar a todo e poder amosarvos todo o que facemos.
Respecto á lectoescritura, quixera comentarvos que hoxe levan para casa o caderniño de lectoescritura para que vexades o que traballamos nel ao longo deste trimestre. Tamén levan no sobre de "carteir@s" unha pequena explicación ao respecto e a petición de que lembredes traer o caderniño de volta á escola a vindeira semana para seguir traballando nel.
Pediríavos por favor que adiquedes un tempo a ver o caderniño cos vosos fillos/as, amosando interese e valorando os seus logros e o seu traballo neste trimestre e animándoos a continuar así.
Pensade que o que vedes no caderniño é tan só unha parte do traballo realizado, pois ás veces este traballo en torno á lectoescritura resulta moi interesante facelo partindo dos seus nomes, das fotos de cousas con i como as que vos pedimos, xogos que preparamos e plastificamos como os que amosamos en entradas anteriores, xogos na pizarra dixital, etc, partindo sempre dos seus intereses e maduración.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario