domingo, 28 de febrero de 2016

OS AMIGOS DE "JUANITA".

Seguimos lendo os contos da "Mariquita Juanita" e poñendo os nosos cerebriños a pensar.
Esta vez tocou ler a historia de: "Los peces rojos del lago".

O que imos contar agora son distintas sesións de xogar a pensar que fomos facendo nos últimos días, algunhas son da semana pasada e outras anteriores, pero fun xuntando para que vos teñan sentido e entendades as nosas inquedanzas e conversas e o traballo que se está a facer.


Tras ler o conto conversamos sobre como Juanita sinte curiosidade  porque non coñece aos peixes, pero tamén sinte medo cando estes achéganse a ela. Falamos de cómo nos sentimos nós cando alguén descoñecido se achega a nós e do que convén que fagamos nestes casos.


Conversamos das semellanzas e diferenzas entre Juanita e os peixes do lago: cores , formas, hábitat no que viven, etc. Tamén das semellanzas e diferenzas entre nós.

Debuxamos aos peixes do lago.



A semellanza máis grande que atopamos entre Juanita e os peixes son as súas cores: vermella e negra.

Buscamos a cor negra na arte e para iso observamos e falamos dobre dous cadros:

- O cadro de Lucas Cranach: Retrato de nena.



Observan  detidamente e comezan a falar: vai vestida de negro, leva capa como Caperucita pero negra, ten a cara rara, leva no pelo unha cinta negra, ten os brazos cruzados, a roupa é fea, non viste coma nós, non nos gusta, etc.

- O cadro de Paul Klee: Príncipe Negro.


Jacobo ofrécese a ler o nome do cadro para tod@s. Observan detidamente e a conversa xurde rápidamente, gústalles máis ( é curioso ver como teñen o gusto tan claro e definido sendo tan pequenos) e teñen moitas ideas.


Xurden ideas como: é unha persoa morenita, ten que vivir noutro país, ten unha diadema, non pode ser diadema porque é un príncipe, é unha coroa, ten un colar moi grande e brillante, na man leva unha cuncha da praia, non é unha cuncha da praia que é un trozo de pan, non é nada diso porque na man leva unha froita, vese o sol redondo, non é o sol que é a lúa porque está escuro e é de noite, tampouco é a lúa o que pasa é que vese un planeta, é Marte porque é vermello, non é Marte porque ten que ser Saturno, Saturno non pode ser porque non ten aneis, daquela é o planeta Terra.

Chegados a este punto interveño: Si o que se ve ao lonxe é o planeta Terra... ¿daquela en qué planeta está o principe? A resposta por maioría foi que era un marciano e vivía noutro paneta, pero non decidiron cal.

Que conversas tan marabillosas ! ! ! 

Deixamos o tema das cores e as obras de arte de momento, propóñolles coñecer  outras xoaniñas e comparar o seu comportamento co de Juanita. Este foi o vídeo que vimos, unha das curtametraxes da serie minúsculo:


Definitivamente, tod@s coinciden en que estas xoaniñas non teñen moi boa educación e non se comportan nada ben, pensan cómo se sinten eles/elas cando os demais se portan mal con eles e tentan poñerse no lugar dos compañeir@s.

Logo disto tentamos facer a nosa propia obra de arte, facemos con rotuladores unhas xoaniñas diferentes á do conto e ás do vídeo.


Retomamos o tema das cores de Juanita e dos peixes do lago, todos están dacordo en que a cor que máis aparece é a vermella. Buscamos a cor vermella en obras de arte e conversamos sobre os seguintes cadros:

- O cadro de Matisse: Mesa servida.


Saen as ideas: Casi todo é vermello, o mantel é igual que a parede, a mesa ten comida, a mesa está preparada para comer, non é a hora de comer porque a señora vai merendar, é certo porque no plato ten froita, non é froita que son patacas e tomates e sí que vai comer, a señora non vai vestida de vermello, na parede hai un cadro tamén, non é un cadro porque é unha fiestra aberta, pola fiestra vese o parque que hai fóra, o parque non ten columpios pero ten árbores, etc.

-O cadro de Matisse: A música.


Xurden as ideas observando o cadro: As persoas non teñen roupa, están coloreadas de vermello, non é vermello porque é como un laranxa, o fondo é azul clarito e oscuro, o fondo é azul e verde e as persoas vemellas, están tocando instrumentos, están tocando un violín e unha frauta, en realidade son un violín e unha trompeta, hai dous músicos e os outros escoitan sentados como fixemos nós no concerto do outro día, si pero neste concerto hai menos xente, están vermellos porque tomaron moito o sol, non é porque o pintor os quixo colorear así, etc.

Noutra sesión lembramos o conto dos peixes do lago e como Juanita marchou voando asustada ata un xirasol, falamos dos xirasois, das súas características e onde se atopan e buscamos xirasois no arte.

- Un día falamos do cadro de Diego Rivera: Nena con xirasois.


Observando o cadro xurdiron ideas como: a cor que máis aparece é a amarela, a nena é moreniña e ten trenzas, está plantando xirasois, non os está plantando realmente os está colocando nun xarrón, para plantar necesita sementes, para plantar necesita terra,  o fondo é azul, a nena está preparando un ramo nunha maceta, a nena non está plantando xirasois, colleu xirasois no campo e os quere poñer de adorno, sacou os xirasois do xarrón e agora os está colocando ben para que queden bonitos, etc.

- Tamén vimos a obra de Paul Gauguín: Xirasois sobre unha silla.


Con esta obra non tiñan tan claro qué era o que pintou o artista e dicían cousas como: son xirasois, son margaridas, son xirasois nun xarrón encima dunha silla, non é unha silla eu creo que é un sillón, é un sofá, as flores están nunha bolsa como as da basura, necesitan terra para medrar, na silla hai unha manta branca, non é unha manta porque é unha sábana, na parede hai un cadro dunha señora, agora sí que é un cadro e non unha fiestra como o outro día, as flores están nun  xarrón desos grandes e así ( cos brazos separados indicando ancho) como os que hai nas tendas, etc.

- Na seguinte sesión buscamos o cadro de Vincent Van Gogh: Xarrón con doce xirasois.
Nesta ocasión para estar máis cómod@s cambiamos a asamblea de sitio e colocámonos diante da pizarra dixital para ver e conversar mellor, así xurdiu a gran pregunta: Profe, si estamos mejor así y es más divertido. . . ¿por qué no lo hacemos así siempre? . Asi que. . . estamos valorando cambiar a asamblea de ubicación . . . ejem. . . 
Mateo escribe para tod@s no buscador de Google para atopar o cadro.



É difícil resumir todas as nosas inquedanzas nunhas poucas fotos e ás veces non teño fotos das asambleas porque eu tamén estou nelas , conversando, tirándolles da lingua, tentando facelos pensar . . . e non é fácil estar a todo.
As fotos desta asamblea especial son "cortesía" do profe Óscar que fai de "paparazzi" cando nós estamos enfrascados nas nosas conversas. Grazas! ! !

As ideas xurden partindo da observación do cadro: Son xirasois, non son todos amarelos, algún polo medio é vermello, están nun xarrón, o xarrón está nunha mesa, ten algo escrito o xarrón ( dígolles que é o nome do pintor), pois que sitio máis raro para poñer o nome, algunhas flores vense verdes, o fondo é azúl, hai doce xirasois, os xirasois teñen pipas que comemos, etc.


Recreamos o cadro como verdadeir@s artistas.


 Explicar todo o que sucede na nosa aula día tras día ás veces non é doado, pero agardamos que esto sirva para que coñezades un pouco mellor o que facemos, xa que moitos comentades nas titorías que os pequen@s non contan moito. . . ou nada. . . 

Agora un vídeo, tomade asento e collede palomitas ! ! !

Pensando con Juanita on PhotoPeach
Nos próximos días tentarei publicar as fotos da celebración do Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro.

Bicos e boa semana.

sábado, 27 de febrero de 2016

A VIAXE DAS BOLBORETAS

Contacontos coa Dragona Ramona: A viaxe das bolboretas


Día: venres 4 de marzo
Lugar: Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa
Hora: 18:30


Nen@s a partir de 3 anos. Entrada libre.

Animádevos a ir! ! !

Bicos.

jueves, 25 de febrero de 2016

NOVAS AVENTURAS PIRATAS.

Tras aprender o xuramento pirata, había que poñelo por escrito, todo moi profesional, como si dun contrato se tratase, e. . . a falta de asinar nel, puxémoslle a nosa foto.


Agora xa somos auténtic@s piratas! ! !

Piratas da Ría CURSO 2015-16 on PhotoPeach

E xa temos buscada unha illa para. . . agachar os nosos tesouros e. . . ir de vacacións como nos din o profe Óscar e a profe Nerea.


Bicos piratas.

CONCERTO DO GRUPO DE CORDA ARCOS IRIS.

O pasado venres, día 19 de febreiro,  todo o alumnado de Educación Infantil desfrutamos do concerto do grupo de corda  Arcos Iris no ximnasio do colexio.

Aqui vos deixamos unhas fotos do concerto.






E agora tomade asiento que ven o vídeo, xa veredes como o pasamos de marabilla ! ! !


CONCERTO ARCOS IRIS 19-2-16 on PhotoPeach
Bicos.


domingo, 21 de febrero de 2016

BON BOYAGE SHAYANA ! ! !

Cher Shayana, nous sommes trés content pour être tes amies et jouer avec toi.


Despois dunhas semaniñas xunto a Shayana e de moitos meses falándolles aos meus piratiñas das emocións, as emocións chegaron por sí soas e non foi necesario explicar nada. . .
A aventura de Shayana no Burgo rematou, este mércores despedímola entre bágoas, desexándolle moita sorte a ela e á súa familia coa exposición de reptiles.

Shayana despediuse convidándonos a merendar biscoito e traendo piruletas e caramelos para tod@s.

Bon boyage Shayana ! ! ! on PhotoPeach  
Sobran as palabras cando fala o corazón.

Bicos.


CUMPLEANOS DE ASIER

Esta semana celebramos o cumple de Asier.
O homenaxeado convidounos a merendar un biscoito moi rico.


Grazas por convidarnos chico maior! ! !

Parabéns e que teñas moitos agasallos! ! !

Bicos.



domingo, 14 de febrero de 2016

SAN VALENTÍN Á NOSA MANEIRA.

Casi se me olvidaba, porque xusto o venres quedei sen batería na cámara e tiven que sacar estas fotos co teléfono, por iso non teñen moi boa calidade; pero a eles facíalles ilusión amosar as súas osiñas con corazón, así que aqui están.

 Como somos aínda pequenos dabondo para andar de namorad@s, nós centrámonos na amizade e en seguir traballando emocións.


 O venres vimos na pizarra dixital o conto: A tartaruga que quería durmir.
Esta historia pertence á colección Os contos do camiño. Trátase de 26 capítulos nos que se adaptan contos publicados pola editorial OQO. Este conto aparece no capítulo número 20.

Podedes atopar a historia no seguinte enlace da TVG:


Falamos da amizade e das cousas que fan @s amig@s por nós e as que facemos nós polos amig@s.
Tamén das cousas que facían @s amigos da tartaruga por ela e de quén a axudou a durmir finalmente.


Ademáis, fixemos un bonito traballo plastico dunha osiña cun corazón que atopamos na páxina: http://krokotak.com/



Agora si, isto é todo ata a próxima fin de semana.

Bicos.

sábado, 13 de febrero de 2016

PENSAMOS CON JUANITA: ONDE NOS VEMOS REFLEXADOS?

Ás veces teño moitas fotos e moito que contarvos e pouco tempo para facelo.
Ainda que cun pouco de retraso, pois isto sucedeu antes do Entroido, penso que merece a pena falarvos desta actividade.


Despois de ler o conto "La mariquita Juanita" e ver como ela se vía reflexada na auga do lago e descubría a súa propia imaxe, conversamos sobre outras formas de vernos refllexados. Saíron moitas ideas: espellos a primeira obviamente; e logo pensaron en cristais de fiestras, obxectos metálicos e brillantes, manillas brillantes das portas, cristais limpos das portas, papeis e cartóns brillantes e en xeral . . . toda canta cousa brillante se lles pasou pola cabeza.

Logo vimos na pizarra dixital dous cadros onde un personaxe observaba o seu propio reflexo na auga.

Puxemos o cadro de Caravaggio: Narciso.


E o cadro de Jan Cossiers: Narciso.


Pregunteilles qué vían nos cadros e deseguida puxeron os seus cerebriños a funcionar e dixeron que eran persoas reflexadas na auga. No primeiro cadro dicían que era un chico reflexado nun charco como os que se forman na pista de fútbol dos maiores. No segundo cadro un chico sen roupa, só tapado cunha sábana (detalle que lles chamou moito a atención) que se miraba reflexado nun lago.


Aprendimos que os dous cadros representaban á mesma persoa pero estaban feitos por artistas diferentes, por iso pintaban ao chico, como dicían eles, diferente.
Os dous cadros representan a Narciso, que según conta a mitoloxía grega era un mozo tan guapo pero tan pagado de si mesmo que a Deusa Némesis castigouno a namorarse da súa propia imaxe e por iso botaba o día mirando o seu reflexo. Isto último pareceulles aburridísimo. . . ja ja ja.

Xa por último, fixemos un espello e pegamos a nosa imaxe nel, como si do noso reflexo se tratase.


Así de chulos quedaron os nosos espellos! ! !



E por esta semana, como foi curta, isto é todo.

Bicos.

APRENDEMOS O XURAMENTO DOS PIRATAS ! ! !

Aprendemos o xuramento dos piratas e. . . xa de paso vocabulario novo de lobos de mar: popa, proa, babor, estribor. . . 


Localizamos a popa e a proa e viramos a todo a babooooooor e todo a estriboooooor ! ! !


O xuramento dos piratas di: 
" Delante la proa, detrás la popa, derecha a babor, izquierda a estribor y quien no lo sepa. . . al tiburón! ! ! "



Grazas ao profe Óscar por facer de fotógrafo.

Bicos piratas.

miércoles, 10 de febrero de 2016

CONTACONTOS EN INGLÉS.

DÍA: venres 12 de febreiro
LUGAR: Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa
HORA: 18:30
CONTACONTOS EN INGLÉS: The smartest giant in town.


Nen@s a partir de 4 anos.
Entrada libre.

Bicos.