Casi se me olvidaba, porque xusto o venres quedei sen batería na cámara e tiven que sacar estas fotos co teléfono, por iso non teñen moi boa calidade; pero a eles facíalles ilusión amosar as súas osiñas con corazón, así que aqui están.
Como somos aínda pequenos dabondo para andar de namorad@s, nós centrámonos na amizade e en seguir traballando emocións.
O venres vimos na pizarra dixital o conto: A tartaruga que quería durmir.
Esta historia pertence á colección Os contos do camiño. Trátase de 26 capítulos nos que se adaptan contos publicados pola editorial OQO. Este conto aparece no capítulo número 20.
Podedes atopar a historia no seguinte enlace da TVG:
Falamos da amizade e das cousas que fan @s amig@s por nós e as que facemos nós polos amig@s.
Tamén das cousas que facían @s amigos da tartaruga por ela e de quén a axudou a durmir finalmente.
Ademáis, fixemos un bonito traballo plastico dunha osiña cun corazón que atopamos na páxina: http://krokotak.com/
Agora si, isto é todo ata a próxima fin de semana.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario