martes, 22 de marzo de 2016

PAULA Y SU CABELLO MULTICOLOR

Como xa sabedes, estamos a traballar as emocións.
"Paula y su cabello multicolor" é un dos contos cos que máis nos paramos ao longo deste trimestre polo xogo que nos está dando para falar de distintas emocións e de cómo nos sentimos en cada momento, por qué, qué nos fai sentir así, qué ou quén nos axuda, etc.


O primeiro que fixemos foi ler o conto e falar longo e tendido das distintas emocións que expresaba Paula e tamén de cando nos sentimos así nós e os motivos que nos levan a ter distintas emocións.




Penso que é bo deixar que as nosas primeiras impresións reposen un pouquiño e retomar uns días máis tarde as conversas e así o fixemos.

Puxemos o vídeo do conto na pizarra dixital e despois de lembralo voltamos ás nosas enriquecedoras conversas.



Pasados uns días retomamos o conto de novo, agora tocaba traballar en equipo de xeito colaborativo.

Cada grupo tiña que consensuar cómo pintar un mural dunha das emocións de Paula e contarnos cómo se sentía e por qué. A consigna era; primeiro uns minutos para falar, poñer en común ideas e decidir cómo facer e despois poñerse mans á obra pero. . . participando tod@s.

Isto último custou un pouco porque . . . algunha xente é un pouco "mandona" como dicían eles mesmos. Así que despois desta actividade houbo que tratar o tema da liberdade dos demáis, do respecto polo traballo do outro, de que tod@s aportamos porque para iso é un traballo en equipo, etc.
En fin, a clase é como a vida mesma, unha minisociedade. . . 

Estos foron os murais resultantes.





Así foi o traballo previo en equipo ata chegar aos murais rematados.


Traballo en equipo: As emocións de Paula on PhotoPeach

Días despois, cando a profe Adriana nos visitou, explicámoslle o traballo que levábamos feito e montamos os nosos murais nunhas cartolinas para. . . ¿. . . ?  Á volta das vacacións saberedes para qué queremos as cartolinas.


Neste último vídeo déixovos distintos momentos nos que traballamos este conto.

Paula y su cabello multicolor on PhotoPeach
Bicos e. . . ata a volta das vacacións ! ! !

lunes, 21 de marzo de 2016

PLANTAMOS 2 CASTIÑEIROS.

O venres despois do recreo, todo o alumnado de Educación Infantil colaborou co profe Xoan para plantar dous castiñeiros.


CUMPLEANOS DE JACOBO ! ! !

O venres celebramos o cumpleanos de Jacobo.
O noso amigo, que cumpría 5 anos xa, convidounos a merender unha tarta riquísima que lle fixo a súa avoa.


Grazas a Jacobo e á súa avoa pola tarta ! ! !

Estaba tan rica que non quedou nin unha miguiña.

Bicos.


domingo, 20 de marzo de 2016

APRENDENDO A SUMAR.

Nos últimos días antes das vacacións estivemos iniciándonos con sumas sinxelas.
A profe Mila ensinounos con números da pizarra magnética e axudándonos de pinturas para contar.


Se pinchades sobre a imaxe poderedes vela máis grande.

Grazas profe Mila! ! !
Á volta seguiremos ! ! !

Bicos.

PORTADAS DO SEGUNDO TRIMESTRE.

Cos nosos cadros de paisaxe invernal que xa tiñamos feitos e uns esquiador@s que nos preparou a profe Pilar, fixemos unhas orixinais portadas para os nosos traballiños do segundo trimestre.


Traballamos moito para que @s esquiador@s quedasen ben, pero mereceu a pena.
Espero que soubesen colocarvos o esquiador/a dereito na casa para sorprendervos, pois tiñan moitas ganas de ensinarvos como se colocaban.


Se pinchades sobre as imaxes podedes velas máis grandes.

Bicos.

GARABATO

Esta semana, Miguel e Pablo, dous compañeiros da clase de 6º B viñeron a contarnos un conto.
O título do conto era: Garabato.
Primeiro tiñamos moitas dúbidas sobre o significado da palabra garabato. Pero co ben que nos contaron o conto e o moito que atendimos, ao final xa o tíñamos claro.


Si pinchades sobre a imaxe  podedes vela máis grande.

Grazas a Pablo e Miguel e tamén á profe Maribel por organizar estas sesións de contacontos.

Bicos.


sábado, 19 de marzo de 2016

VISITA Á BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS.

O pasado día 10 de marzo visitamos a Biblioteca Miguel González Garcés na Coruña.
A profe Adriana non se quixo perder a ocasión e acompañounos nesta nova aventura.


Estivemos moi atent@s ás explicacións de Elena, a Bibliotecaria, que nos ensinou cómo funciona a Biblioteca, cómo temos que facer para que nos presten libros e cómo buscalos e ademais ensinounos moitos contos chulísimos.


Emocionad@s na Sala Infantil da Biblioteca.


Buscamos un recunchiño agradable e tranquilo para ler de xeito individual.


Trouxemos cinco contos da Biblioteca, pero un dos que máis nos gusta é o de Flora e o Flamenco, que xa nos contara Elena a Bibliotecaria.


Ademais de contar o conto de novo na clase, atopamos en internet este fermoso vídeo do baile da amizade entre Flora e o flamenco.


Como vedes pasámolo xenial.
Grazas por acompañarnos Adriana ! ! !

Bicos.

sábado, 12 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER.

Para conmemorar ese día adicamos a primeira parte da mañán a ver na pizarra máxica un conto para traballar a coeducación que nos ensinou a profe Luz.



Con este conto aprendimos que tod@s debemos colaborar e traballar na casa.

Logo coñecimos a unha muller galega e gaiteira famosa e fixemos un pequeno traballiño adicado a ela para levar a casa.


Agardamos que vos gustase moito.

Na segunda parte da mañán, despois do recreo, recibimos a visita dunha muller que non é famosa pero si moi traballadora e unha das nosas mamás.

Pilar, a mamá de Marina veu a visitarnos e presentarnos a Xabi en sociedade! ! ! jajaja...
Pasámolo moi ben e fixémoslle moitas preguntas sobre o pequeno.


Pilar e Xabi agasalláronos cuns paliños de chocolate moi ricos e nós agasallámolos cuns debuxos moi fermosos, como dixo Marina: para mamá Pilar ( "porque yo le llamo mamá, pero se llama Pilar").


Aqui vos deixamos un vídeo resumo do que fixemos ao longo do día.

8 de marzo: Día da Muller. on PhotoPeach
Grazas a Pilar e ao pequeno Xabi por visitarnos.

Bicos.

BINGO ! ! !

Esta semana tentamos recoñecer todas as letras maiúsculas xogando a un bingo de letras.
Como xa vos comentamos, estamos tentando que sexan capaces de facer un traballo colaborativo, e desta vez tocou xogar en parellas.


Para xogar por primeira vez, aproveitamos un día que tiñamos a axuda da profe Luz e así era máis doado comprobar que colocábamos as fichiñas só sobre as letras que dicían as profes.

Grazas Luz pola túa axuda ! ! !
Pasámolo xenial !  ! !

Xogamos ao bingo de letras ! ! ! on PhotoPeach

A emoción apoderouse de nós durante o xogo e sen decatarnos estabamos aprendendo as letras ao tempo que nos divertíamos.

Bicos.

sábado, 5 de marzo de 2016

PIRATEANDO ! ! !

Estamos preparando xa as contraportadas dos nosos caderniños de Piratas, son persoalizadas, cada un ao seu gusto foi elexindo a que prefería.

Traballamos con ilusión coas ganas de ver o cadeniño rematado, posto que estamos desexando levalo para casa.



Este venres levamos para casa as marionetas Piratas. 
Para evitar que rompesen metímolas no sobre plástico que temos na mochila.
Tranquilos Asier e Brais que temos as vosas marionetas gardadas para cando vos recuperedes e voltedes ao cole! ! !



Recortando as marionetas, xurdiu un momento cómico, non falto de certo perigo,  porque como xa vos imaxinaredes uns teñen máis maña coas tesoiras e outr@s precisan máis axuda.

Pero. . . hai algún maños@ que despois de deixarlle elexir tesoiras, axudarlle a colocar os dedos e ver que tiña unha boa destreza coas tesoiras e podíase manexar de xeito autónomo, deixei recortando mentres axudaba a quen non era capaz de manexarse por sí mesm@.

Dous segundos despois miro polo rabillo do ollo e atopo ao mestre/a das tesoiras cortando as uñas das mans, moito máis interesante sen dúbida que cortar a marioneta e, sen dúbida, máis atrevido. . . onde vai parar. . . Toda unha aventura ! ! !


Teño que confesar que a miña pregunta non estivo acertada, polo factor sorpresa de presenciar un "momento manicura", cousa que non agardaba ver e só acertei a dicir: 
- Pero . . . qué fas??? 

A resposta era máis que evidente: 
- Me estoy cortando las uñas porque cuando las tengo así largas hay que cortarlas, ¿sabes?

- Si, claro que o sei, pero iso non se fai coas tesoiras da clase. (Respostei aguantando a risa como puiden)

Resposta evidente de novo:

- Es que cuando están así de largas me molestan y tengo que cortarlas.

É habitual que experimenten, e que lles guste probar o efecto das tesoiras en distintas superficies e materiais, como nen@s que son penso que incluso é a súa obriga experimentar,  pero é a primeira vez que atopo a alguén tan preocupado pola súa manicura. jajaja...


Xa vos estou vendo mirándolles as uñas para ver quén foi. . . (je, je, je), pero o/a  artista non chegou a cortar nada.

Boa semana.

Bicos



SOMOS GRANDES PENSADORES/AS.

Antes da nada, quixera contarvos que a pasada semana cambiámonos de sitio de novo. Os cambios agora son encamiñados a que sexamos capaces de facer traballos colaborativos e que nos axudemos uns aos outr@s, sen competir para rematar antes, preocupándonos de tod@s os membros do noso equipo. Este vai sendo o resultado. . . 


Grazas ás historias da "Mariquita Juanita" e ao traballo que facemos partindo doutros contos (dos que pedimos aos Reis Magos, por exemplo), cos que traballamos emocións e aprendemos a poñernos no lugar das outras persoas, cada vez razonamos un pouquiño mellor.

Esta semana, lembramos os xirasois que vimos a semana pasada e falamos do que precisan as plantas para medrar. Logo observamos o xacinto que temos na clase, ao que lle cambiamos o cacharriño xa fai tempo porque as súas raices medraban moito.

Falamos dos cambios que foi experimentando o nosos xacinto ata que lle medrou a flor e tamén do que precisou para medrar.

Logo plasmamos todas as nosas reflexións sobre o tema nun traballiño individual.

Así se foi transformando co paso do tempo.


Preparamos a plantilla onde ímos pegar os debuxos da evolución da nosa planta.


Recortamos as imaxes e pegámolas ordeadamente seguindo a secuencia cronolóxica.


Novamente, voltamos a buscar as cores de Juanita e os peixes en obras de arte.
Esta vez , buscamos outra vez a cor vermella e xogamos a pensar co cadro de Matisse "A danza".
As ideas comezan a xurdir rápidamente: son vermellos como os músicos do outro día, tampouco teñen roupa, están collidos da man, están xogando á roda, están xogando ao corro da pataca, mentras xogan á roda cantan, tamén bailan collidos da man, están contentos, están pasándoo ben, están no patio, ou están no parque, etc.

Logo, reproducimos á nosa maneira o cadro.


Aprendimos unha palabra nova: o verbo comparar.
Comparamos unha silla cunha mesa, pensamos e verbalizamos as súas semellanzas e diferenzas. Logo comparamos a dúas amigas da clase e pensamos e falamos das súas semellanzas e diferenzas.
Xa por último, comparamos a Juanita cos peixes do lago, observámolos e falamos das súas semellanzas e diferenzas. Rematamos a sesión plasmando ( con moooooito esforzo) nun traballo individual parte das nosas conclusións.


Bo traballo piratiñas!!!

Bicos.



viernes, 4 de marzo de 2016

24 DE FEBREIRO DO 2016: CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.

Preparamos unhas flores moi fermosas para cando nos gravaron recitando a nosa frase do poema "A grasia non era moita". Cada clase tiña que aprender unha frase ou varias frases (no caso dos maiores) diferentes, Logo xuntarémolas todas para facer un "Lipdub" (videomontaxe) onde se recitará o poema enteiro, aportando cada clase do cole o seu graíño de area.

Así fixemos as flores.


O día 24 de febreiro, aproveitando que saía o sol, todo o alumnado do colexio xuntouse no patio de Educación Primaria para cantar (coas flores na man) a canción "A grasia non era moita" do Libro Disco "Rosalía Pequeniña" de Uxía.



Agardamos que vos gustasen as flores e a canción.

Bicos.