martes, 22 de marzo de 2016

PAULA Y SU CABELLO MULTICOLOR

Como xa sabedes, estamos a traballar as emocións.
"Paula y su cabello multicolor" é un dos contos cos que máis nos paramos ao longo deste trimestre polo xogo que nos está dando para falar de distintas emocións e de cómo nos sentimos en cada momento, por qué, qué nos fai sentir así, qué ou quén nos axuda, etc.


O primeiro que fixemos foi ler o conto e falar longo e tendido das distintas emocións que expresaba Paula e tamén de cando nos sentimos así nós e os motivos que nos levan a ter distintas emocións.




Penso que é bo deixar que as nosas primeiras impresións reposen un pouquiño e retomar uns días máis tarde as conversas e así o fixemos.

Puxemos o vídeo do conto na pizarra dixital e despois de lembralo voltamos ás nosas enriquecedoras conversas.



Pasados uns días retomamos o conto de novo, agora tocaba traballar en equipo de xeito colaborativo.

Cada grupo tiña que consensuar cómo pintar un mural dunha das emocións de Paula e contarnos cómo se sentía e por qué. A consigna era; primeiro uns minutos para falar, poñer en común ideas e decidir cómo facer e despois poñerse mans á obra pero. . . participando tod@s.

Isto último custou un pouco porque . . . algunha xente é un pouco "mandona" como dicían eles mesmos. Así que despois desta actividade houbo que tratar o tema da liberdade dos demáis, do respecto polo traballo do outro, de que tod@s aportamos porque para iso é un traballo en equipo, etc.
En fin, a clase é como a vida mesma, unha minisociedade. . . 

Estos foron os murais resultantes.





Así foi o traballo previo en equipo ata chegar aos murais rematados.


Traballo en equipo: As emocións de Paula on PhotoPeach

Días despois, cando a profe Adriana nos visitou, explicámoslle o traballo que levábamos feito e montamos os nosos murais nunhas cartolinas para. . . ¿. . . ?  Á volta das vacacións saberedes para qué queremos as cartolinas.


Neste último vídeo déixovos distintos momentos nos que traballamos este conto.

Paula y su cabello multicolor on PhotoPeach
Bicos e. . . ata a volta das vacacións ! ! !

2 comentarios:

  1. Nos encantan las visitas de Adirana!!! nos pone el pelo de color Rosa Chicle!!!

    ResponderEliminar
  2. jajaja...
    Graciñas polo comentario!!!
    A verdade é que a nós tamén nos encanta cando Adriana nos visita e nesta ocasión estabamos desexando ensinarlle o que aprendimos co conto de "Paula y su cabello multicolor" e amosarlle os nosos traballiños.
    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar