martes, 17 de mayo de 2016

UN DESAFORTUNADO INCIDENTE.

As entradas habitualmente son para amosar o que facemos, os nosos logros e avances, o que aprendemos, investigamos, o noso día a día na escola, etc. Pero nesta ocasión , e posto que este tipo de incidentes suceden de forma habitual tamén, quero amosarvos outro tipo de cousas que tamén pasan na nosa clase.
Non é algo exclusivo dos contos, tamén pasa con xoguetes doutros recunchos e con distinto tipo de material de uso común.
Penso que non é algo que se faga a propósito, sen embargo si penso que se trata dun mal hábito no trato das cousas, de non valoralas suficientemente e andar "ao bruto" con elas,  incluso nalgunha ocasión pensando "no pasa nada, se compra otro". . . 
Esa non é a filosofía que me gustaría transmitir dende a escola, prefiro cambiar consumismo por coidado do que é de tod@s.


Como podedes imaxinar vendo as fotos, o tema tratouse na aula, falamos do incidente, razonamos, pensamos no que implica ter as cousas rotas, de cómo nos gusta ter as cousas que son nosas e de cómo debemos comportarnos coas que son de tod@s e debemos saber compartir. E saber compartir tamém implica non romper nin estropear o que temos para desfrute de tod@s e que, polo tanto debemos coidar entre tod@s.

O habitual despois deste tipo de incidentes é NON saber quén foi o/a responsable, ninguén o fixo, ninguén sabe nada, ninguén viu nada. . .Ao máis que chego, pola propia organización da actividade nos recunchos é a saber en qué grupo de xogo se producen os incidentes, pero non quén, cómo e/ou por qué se romperon as cousas.

Penso que é tarefa de tod@s coidar as cousas e que @s pequen@s as valoren e respecten.
Non me gustaría ter que tomar a decisión de deixar de investigar e facer proxectos coa vosa colaboración e aportación de material da casa (porque ademáis sodes moi colaboradores )por medo a que non tod@s o tratan ben e non me gusta devolver as cousas en mal estado.

Pídovos por favor a vosa colaboración para que na casa faledes cos pequen@s deste tema, da necesidade de coidar e respectar as cousas, de avisar cando algo se  nos rompe sen querer  ou cando vemos que alguén non está tratando algo correctamente (pois hai que ensinarlle a facelo), que pregunten e/ou pidan axuda cando non saben como funciona algo ou non poden abrilo ou pechalo (antes de que se rompa), pero o máis é importante tratar as cousas de tod@s como nos gustaría que tratasen as nosas.

Graciñas de antemán pola vosa colaboración.

Bicos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario