miércoles, 16 de noviembre de 2016

@s granxeir@s do Burgo.

Levamos xa un tempo investigando e aprendendo moito sobre as granxas, cousas sobre animais, vexetais, a semente, a colleita, etc.
Todo grazas en gran parte á axuda das familias que aportan moitiiiiisimo material para o noso recuncho do proxecto.

Material da granxa para o recuncho on PhotoPeach

Xogamos na asamblea cun libro de animais aprendendo a diferenciar onde vive cada un deles.


Aprendimos moito sobre as labores d@s granxeir@s e plasmámolo en distintos traballos.
Chegamos á coclusión de que @s granxeir@s traballan máis que nós na escola! ! !


Despois de aprender como se traballa na granxa, fomos apañar os tomates do noso invernadoiro do cole co profe Xoán.


Comezamos a elaborar un tractor. . . Cómo quedará cando o rematemos??
Xa vos iremos contando.


A profe Luz tivo a idea de poñernos unha canción dun tractor que nos gustou moito.



Aprendimos cousas da vendima co profe Xoán.
Aqui nos tendes aplastando as uvas.


Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario