Sei que é tentador pensar que cando están xogando @s cativ@s non aprenden, sen embargo. . .
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aqui vos deixo varias imaxes de situacións de xogo nas que se poden observar tamén situacións de aprendizaxe.
Traballando as cores e a puntería no patio.
Traballando a lectoescritura no rincón das letras.
Rincón do xogo simbólico: despois de clasificar animais atendendo á súa alimentación coa profe Luz, Manu decidiu que o dragón era carnívoro e daquela tiña que cazar para comer.
Plasmando as nosas aprendizaxes no rincón de Arte.
Facendo puzzles e memories onde poñemos en práctica as cousas aprendidas sobre os animais.
Na asamblea organizamos xogos cos que traballamos a lectoescritura. Por exemplo, xogamos a "Detectives das letras" coas cartas de palabras e imaxes, que se reparten de xeito desordeado e entre tod@s temos que emparellar correctamente.
Aqui nos tendes lendo e atopando a nosa parella.
Outro dos xogos cos que desfrutamos e aprendemos é coas nosas rectas numéricas: traballamos a atención, asociamos número con cantidade, contamos en sentido ascendente (do 0 ao 10) e descendente (do 10 ao 0), atopamos o número anterior e posterior, saltamos cara adiante (sumamos) e cara atrás (restamos), etc.
Decidimos plastificalas para que non se estropeen e así no verán levarémolas para casa.
Aqui nos tendes en acción con elas.
Seguiremos publicando. . .
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario