Este venres celebramos a nosa sesión MUS-E de portas abertas coas familias de cada aula que puideron vir a acompañarnos e a participar con nós.
Sinto moito que non puidésemos estar tod@s e mandamos un bico enorrrrme a Asier que estaba maliño💋
Desfrutamos dunha sesión MUS-E de Danza coa profe MUS-E Chus.
Sinto moito que non puidésemos estar tod@s e mandamos un bico enorrrrme a Asier que estaba maliño💋
Desfrutamos dunha sesión MUS-E de Danza coa profe MUS-E Chus.
A verdade é que penso que tod@s nos sentimos en familia, así que grazas pola vosa asistencia e por participar e desfrutar sacando o/ neno/a que tod@s levades dentro.
As fotos falan por si mesmas asi que. . .tomade asento.
Soltámonos e traballamos a representación de distintas emocións co noso corpo a 3 alturas, explorando o espazo pola parte superior, polo medio e pola parte inferior.
Escoitamos un tema musical de Yehudi Menuhin e falamos dos sentimentos que nos inspira.
Escoitamos un tema musical de Yehudi Menuhin e falamos dos sentimentos que nos inspira.
Cando xa nos liberamos da vergonza, chegou o momento das presentacións.
Traballamos as emocións en dous grupos: os familiares que estaban tristes e @s pequen@s que lles ofrecían consolo e os convidaban a bailar.
E como colofón final, bailamos en familia, porque aínda de non nos tocase bailar cos nosos familiares o ambente que se creou foi familiar, cálido e moi especial.
Grazas familias pola vosa sensibilidade, por vir a acompañarnos e compartir con nós unha sesión tan especial! ! !❤❤❤
Grazas Chus por facer que todo sexa tan fácil! ! !
Xa vedes que cumplín e publiquei pronto 😊
Moitos bicos.